Novas | Noticias ambientais
EL MINISTERIO ESCENARIO DE UNA “MESA DE TRABAJO” SOBRE ENCE
La vicepresidenta y ministra para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Teresa Ribera, ha…
“Por un Monte Galego con Futuro” reclama da fiscalía a apertura de dilixencias polos lumes forestais en Reservas da Biosfera e Rede Natura
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” vén de se dirixir á Fiscalía de…
El Consejo de Ministros autoriza la inclusión del Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas (Galicia) en la Lista Ramsar de humedales de importancia internacional
El Consejo de Ministros, a propuesta del Ministerio para la Transición Ecológica y el…
Proxectos


A Asociación Galicia Ambiental aprobou (Xunta Directiva 10/2020) que o “sINvasoras 2021” será o proxecto anual que centrará as actividades e inversións o vinderio ano: será un programa de aplicación local, dirixido á eliminación preventiva de Cortaderia Selloana (herba da Pampa ou Plumacho) e/ou de apoio a outras organizacións co mesmo fin.
Os concellos galegos, ou outras entidades de rango menor, poderán formular propostas de colaboración, así como as empresas colaboradoras poderán manifestar o seu apoio ao proxecto (financieiro ou material) durante este ano 2020. Nestas accións terán dereito de participación preferente o grupo de “Voluntariado” nas convocatorias que se fagan a este efecto.

Galicia Ambiental ten activo un programa de voluntariado que se nutre de inscritos / participantes en actividades de reforestación, accións de control de especies alóctonas e convocatorias de limpeza e desplastificación de espazos naturais. Para converterse en “Voluntario Galicia Ambiental” tan só ten que inscribirse nalgunhas das actividades que se publican / convocan nas nosas redes sociais e nesta mesma sección. Así mesmo pode anotarse empregando o noso “formulario”e deste xeito recibirá unha invitación a sucesivas actividades nas que participará coa condición de “Voluntario”. Esta condición adquírese por acordo da Xunta Directiva e outorgarase de balde e non suporá un pago de ningún tipo.
*Actividades desenvoltas baixo o amparo de Pólizas de Responsabilidade e accidentes (na actualidade coa aseguradora Mapfre)