Turismo Sustentable
A Organización Mundial do Turismo define o turismo sostible como “o turismo que ten plenamente en conta as repercusións actuais e futuras, económicas, sociais e ambientais para satisfacer as necesidades dos visitantes, da industria, da contorna e das comunidades anfitrioas”. A meta 8.9 dos ODS da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible trata de, “de aquí a 2030, elaborar e poñer en práctica políticas encamiñadas a promover un turismo sostible que cre postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais”. A importancia do turismo sostible tamén se destaca na meta 12.b dos ODS, a cal buscar “elaborar e aplicar instrumentos para vixiar os efectos no desenvolvemento sostible, a fin de lograr un turismo sostible que cre postos de traballo e promova a cultura e os produtos locais”.
O turismo tamén se define como unha das ferramentas para, “de aquí a 2030, aumentar os beneficios económicos que os pequenos Estados insulares en desenvolvemento e os países menos adiantados obteñen”, tal e como se recolle na meta 14.7 de os ODS.