A Asociación ambientalista Galicia Ambiental aborda, no marco do seu programa de "SIN invasoras" 2023 - 2027, o desenvolvemento de diversas accións de control e eliminación de especies invasoras (a divulgación dos seus riscos para a biodiversidade e programas de extracción). Neste período vaise implementar o proxecto de control da expansión da Herba da Pampa. Así se desenvolven ademais accións experimentais e de sensibilización, de extracción e de control e minimización de expansión da semente, mediante o traballo de equipos propios e do programa de voluntariado.
As invasoras en Galicia Proxecto Herba da Pampa Especies exóticas invasoras"Documento editado no marco do Proxecto LIFE22 NAT ES 101113757 Coop Cortaderia"