ÁRBORES DE CINZA 2022/2025

A acción prevista para 2022/2025 baséase en dar continuidade á mensaxe: "Pon as cinzas dunha árbore galega na túa casa; con este xesto poñerás árbores nos montes afectados por incendios forestais". Se durante os anos pasados realizouse unha primeira acción financiada por crowfunding, seguida dunha de creación de infraestruturas patrocinada pola Fundación C&A e unha terecera acción de repoboación con patrocinio do Festival da Luz / Luz Casal, nesta nova fase buscamos:

- Dar unha continuidade efectiva ao traballo iniciado en 2017 con novas xornadas de divulgación en centros escolares (prioridade Institutos) e colectivos sociais e cidadáns aos que se entregará a popular “bolsa de cinzas”, convida a colaborar nas accións de reforestación e transmitirá a mensaxe do proxecto: prevención e preservación da biodiversidade.

Actuaremos, de xeito especial, en áreas de alta actividade incendiaria… traballando dende a base (estudantes e adolescentes) a problemática dos incendios e a preservación da biodiversidade, pero sen deixar de lado os factores ambientais, sociais e económicos da contorna.

- Se anos pasados, desde os lumes de 2017, focalizamos as accións nos montes da parroquia de Chandebrito (Nigrán), neste novo período 2022/2025 duplicarase a acción de reforestación paralelamente, incorporando outras Comunidade de Montes da zona interior de Galicia. O obxectivo é confrontar modelos e resaltar a importancia de manter a biodiversidade (recuperar nuns casos e evitar a súa perda no outro). Iso responde á necesidade de poñer en valor a territorios “fronteira”, aqueles que por clima e altitude manteñen un alto grao de biodiversidade forestal, sen grandes monocultivos, pero con alto risco de cambio polo abandono poboacional e de actividades agro-forestais no medio rural. En definitiva: fomentar unha mentalidade de prevención contra incendios e preservación da biodiversidade.

O proxecto Árbores de Cinza finánciase mediante o apoio de organizacións de probado compromiso ambiental, e destina o 100% do seu orzamento aos proxectos, mediante un criterio de asignación 33/33/33 (porcentaxe destinada a: acción reforestadora, acción divulgativa escolar, acción de comunicación on e off line).

OBXECTIVOS PRINCIPAIS

  • - Desenvolver un programa mínimo de 30 conferencias noutros tantos centros educativos e sociais da Comunidade.
  • - Aceptar as invitacións para impartir charlas de divulgación naqueles centros educativos de fóra de Galicia que así o solicitasen e que, por relevancia sensibilizadora, así o decida a Xunta Directiva de Galicia Ambiental.
  • - Colaborar con administracións e coas comunidades de montes (Chandebrito e varios municipios da zona do centro de Galicia) afectadas polo lume os últimos anos para o desenvolvemento (financiamento e divulgación) de accións de recuperación de especies autóctonas, proxectos de sensibilización social e cidadá (en zonas de alta actividade incendiaria) e posta en valor do patrimonio natural.
  • - Profundar nas accións de comunicación como elemento sensibilizador da sociedade en xeral sobre a problemática dos incendios e a necesidade de protexer a biodiversidade que aínda pervive nestas zonas.

CO PATROCINIO DE

Proxectos Galicia Ambiental