FUTURO CIRCULAR

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL EN MATERIA DE ECONOMÍA CIRCULAR E CONSUMO RESPONSABLE


Obxectivos principais

1.- Organización de actividades e eventos para a divulgación, entre empresas e consumidores, dos valores da Economía Circular, a Sustentabilidade e o Consumo Responsable (charlas informativas, talleres prácticos, talleres participativos...)

2.- Continuar a desenvolver un programa de charlas en centros educativos e sociais da comunidade, baseadas na transmisión dos principios e o novo paradigma da ECONOMÍA CIRCULAR. Entre 2019 e 2023 son xa 140 as charlas celebradas en 96 centros educativos de Galicia.

3.- Colaborar con Concellos, asociacións ambientais, colectivos veciñais, empresas, etc… na execución de campañas de recollida de plásticos (e outros residuos) en espazos naturais. Estes serán entregados a un xestor autorizado que garante o seu adecuado tratamento e xestión mediante reciclaxe dos materiais plásticos / envases contidos na masa de residuos recolleitos.

4.- Profundar nas accións de comunicación, como elemento sensibilizador da sociedade en xeral sobre a problemática da reciclaxe e as verteduras de plásticos ao medio natural... fomentando unha cultura de prevención e reutilización e impulsando prácticas como a compostaxe e a minoración do desperdicio alimentario.

A Asociación Galicia Ambiental organiza, durante o ano 2019, co apoio financeiro da Fundación C&A un ambicioso dobre proxecto: trasladar aos empresarios, traballadores e directivos da próxima década (agora alumnos de instituto) a novo paradigma da Economía Circular, a través de charlas e xornadas técnicas en centros formativos… pero ademais dando exemplo práctico con accións de recollida de residuos (especialmente plásticos) en espazos naturais como praias, ríos e encoros.

Para iso desenvolverase unha campaña de sensibilización para o uso responsable dos espazos naturais (cando nos visites, non te deixes nada neles)/neles) que percorrerá este verán diversos areais e puntos de interese turístico. A acción culminará cunha gran recollida masiva de residuos que serán enviados a unha planta de reciclaxe.

O cambio desexado con este tipo de accións (maior grao de implicación e coñecemento das prácticas de consumo responsable e economía circular) achegará ademais unha aprendizaxe (charlas e accións de recollida) tanto teórico como práctico ao longo do proceso e permite, nel, avaliar (entrega de residuos a xestores autorizados) e ver as consecuencias directas dese comportamento (limpeza e nova vida para residuos recuperados do medio natural).

CHARLAS E ENCONTROS TÉCNICOS

O colectivo Galicia Ambiental está a desenvolver, un programa de sensibilización ambiental centrado na Economía Circular dirixido a alumnado dos centros educativos. Esta iniciativa busca divulgar esta novo paradigma aos máis novos para que sexan conscientes da necesidade de cambiar as estratexias produtivas actuais para lograr un maior equilibrio e reducir o impacto ambiental que a actividade humana está a producir no planeta. Unha concepción que vai moito máis alá do concepto reduccionista das 3 R, e propón abordar a cuestión dos residuos como parte dun ciclo no que aplicar a sustentabilidade ao uso e consumo dos recursos.

Esta iniciativa de divulgación da Economía Circular, posta en marcha pola asociación Galicia Ambiental, cumpre ademais un compromiso co programa da Advanced Leadership Fundation, no que participa Galicia Ambiental. A iniciativa divulgativa impulsada pola asociación está pensada para o alumnado dos últimos cursos de ESO, Bacharelato e ciclos formativos. As sesións permiten un primeiro achegamento do alumnado a esta novo paradigma.

Proxectos Galicia Ambiental