Las especies exóticas invasoras una a una
Lavaza (Egeria densa)






A Lavaza (Egeria densa) é unha especie moi utilizada en acuarios pequenos e estanques pequenos a modo de decoración, con todo ten gran potencial invasor pola súa rápida capacidade de propagación. Unha vez que crece diminúe a luz, afecta o caudal dos ríos e reducindo o hábitat para os peixes e outras especies.
Por iso, a súa erradicación é practicamente imposible en grandes espazos como os ríos, de tal forma que a súa extracción só sería exitosa de forma manual en poboacións pequenas.
Dondiego (Mirabilis Jalapa)




O Dondiego (Mirabilis Jalapa) é unha planta invasora de gran crecemiento debido ao incremento en áreas axardinadas e urbanizadas donde é cultivada como planta ornamental. A súa existencia provoca unha perturbación no ecosistema local polo que é necesaria a súa erradicación. En casos puntuais pode tentarse a retirada manual, pero débense extraer ben todos os órganos subterráneos do chan. Do mesmo xeito, tamén se pode recorrer á loita química, utilizando os herbicidas correctos
Herba Nudosa Xaponesa (Fallopia Japonica)




A Herba Nudosa Xaponesa (Fallopia japonica) é unha das 100 especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo. Debido a substancias alelopáticas que posúe pode chegar a causar necrosis nas raíces das plantas e ata provocar contaminación orgánica no chan pola mala descomposición das súas follas.
Gambusia (Gambusia holbrooki)




A Gambusia (Gambusia holbrooki) é un pequeno peixe depredador considerado unha das 100 especies exóticas invasoras máis perigosas do mundo. Reduce a cantidade de osíxeno nas augas e ocasiona o empobrecemento dos hábitats e a perda da biodiversidade.
Lapa Zapatilla (Crepidula formicata)




A Lapa Zapatilla (Crepidula formicata) é un dos grandes perigos para as costas galegas xa que ameaza o cultivo de vieira, zamburiña, volandeira e ostra. En Galicia, atópase nas Rías Baixas e na Ría de Ferrol.
A súa introdución foi accidental a través do comercio de sementes de ostra para o cultivo. Cando falamos de introdución accidental, en moitos casos ten que ver cunha mala praxe ou a falta de adopción de medidas preventivas para evitar a propagación de especies invasoras, tanto animais como vexetais, como está a ocorrer con decenas de especies.
Wakame (Undaria pinnatifida)




O wakame (Undaria pinnatifida) é unha das peores especies invasoras do mundo, despraza ás especies nativas e cambia a estrutura dos ecosistemas. Provoca redución da biodiversidade e da abundancia de peces. Polo momento, non existe consenso sobre como xestionar esta especie e as accións específicas levadas a cabo tiveron un éxito moi reducido.
Chinche Americana (Leptoglossus occidentalis)




A Chinche americana (Leptoglossus occidentalis) é outra especie perigosa que habita en Galicia. Está considerada unha praga forestal pola súa capacidade de alterar o crecemento de árbores como a conífera ao alimentarse das súas sementes e perxudicar notoriamente a produción do Piñón.
Cangrexo vermello (Procambarus clarkii)



Aínda que a primeira ollada non o pareza, o Cangrexo vermello (Procambarus clarkii) é un problema para os animais que o rodéan. Para alimentarse, devora os ovos de peces e anfíbios, e ademais, destrúe o medio que lle rodea e despraza ao cangrexo autóctono.
Avespa asiática (Vespa velutina)



Este pequeno insecto é unha das 100 especies invasoras máis perigosas debido á súa picadura. Tamén son grandes depredadoras de abellas e outras especies polinizadoras.
Mapache (Procyon loctor)



O mapache (Procyon loctor) é unha especie moi perigosa. É un animal agresivo, fóra de control, que está a poñer en perigo a biodiversidade e as especies autóctonas. Pero non só é un perigo para os animais, senón tamén para as persoas xa que pode transmitir enfermidades como a rabia.
Acacia Negra (Acacia Melanoxylon)



Esta é a Acacia Negra (Acacia Melanoxylon), unha especie invasoras que, xunto con eucalipto, é un dos elementos que está a degradar a paisaxe galega.
A análise desta especie conclúe que ten risco alto de invasión no noso territorio, con consecuencias como a diminución de biodiversidade e a alteración da estrutura do ecosistema.
Sempreviva (Helichrysum petiolare)



Sempreviva (Helichrysum petiolare) é unha planta moi perigosa pola súa dominación ante as plantas que a rodean e a súa impredicible expansión.
Atópase principalmente no golfo Ártabro, desde A Coruña ata Ferrol.
Bispo Vermello (Euplectes Orix)



Este é o Bispo Vermello (Euplectes Orix), unha especie invasora moi perigosa polos cambios que pode facer no ecosistema no que se asente, así como a súa tendencia para desprazar aos animais nativos.
Vive en zonas cálidas e húmidas, nos grandes vales con vexetación palustre e cultivos de regadío.
Visón Americano (Neovison vison)



Este é o visón americano (Neovison vison), non confundir co visón europeo, unha especie exótica invasora perigosa para o resto de animais.
A súa expansión polo noso territorio débese sobre todo a soltas accidentais nas granxas, peleteras e algunhas accións de liberación de grupos, supostamente analistas… que se foron estendendo polo sistema hidrográfico.