Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Solicitan ao Concello de Lugo que determine o impacto sobre o medio natural da eliminación incontrolada de residuos no antiguo oco mineiro de Santa María de Bóveda

Por todos é sabido que no antiguo oco mineiro de Santa María de Bóveda (O Carquiexo, Lugo) se están a verter, durante anos, milleiros de toneladas de residuos sen ningún tipo de tratamento previo nin reciclado. Un feito que se leva denunciado dende hai tempo por varias organizacións como a Asociación Arcodega e máis recentemente dende a Asociación Galicia Ambiental ou Adega.

Malia que a empresa xestora conta xa con varios expedientes sancionadores e unha investigación no xulgado nº 1 da cidade das murallas, ésta segue a verter residuos sen tratar, amparado baixo a autorización da Xunta de Galicia de “planta de reciclaxe e transferencia de RCDs”, pero que en realidade dita planta non existe.

A falta de saber os resultados das investigación que supostamente se están a realizar, a formación de Cidadáns de Lugo, insta ao Concello a determinar o impacto sobre o medio natural desta actividade e pídelle ao goberno loca “facer todo o posible para poñerlle freo”.

Protexer o entorno natural

Explica o concelleiro de Cs, Juan Vidal-Pardo que “sen dúbida, un dos grandes patrimonios que temos en Lugo é o noso medio natural, o cal temos a obriga de protexer e preservar. Con todo, existen circunstancias como esta que comprometen o noso patrimonio e supoñen un risco para a saúde dos veciños”. Uns riscos que se agravan co paso do tempo, pois existe constancia de que ao longo do ano 2020 numerosos camións continuaban baleirando o seu contido cara á ladeira sen facer selección dos residuos vertidos, para logo tapalos con terra. Un vertido de todo tipo de residuos dende envases de plásticos, envases que contén sustancias non autorizadas, residuos mesturados de construción e demolición, equipos eléctricos e electrónicos que conteñen compoñentes perigosos, a numerosos restos de Uralitas de fibrocemento-amianto, son só algún exemplos.

Amais, lembrar que pegado a canteira discorre un pequeno afluente do Miño, onde acaban por filtración todos os axentes contaminantes que se verten incontroladamente.

A empresa xestora acumula varios expedientes de sanción

A situación deste presunto vertedoiro ilegal comercial de Lugo sostense no tempo cunha práctica continuada de eliminación incontrolada de residuos, que pode chegar a supoñer unha infracción administrativa cualificada como moi grave no artigo 34.3.B-C) da Lei 10/1998, de 21 de abril. (O abandono, vertido ou eliminación de calquera outro tipo de residuos, sempre que se produciu un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou se puxo en perigo grave a saúde das persoas). Para Juan Vidal-Pardo o concello de Lugo debe levar a cabo “todas as xestións necesarias para evitar este dano sobre o medio” amais, pide “un estudo para calibrar o impacto real sobre o medio e sobre a saúde desta”.

Son varias as organizacións ambientais e asociacións profesionais recicladoras de RCDs denuncairon a actividade que se está levando a cabo neste antigo oco mineiro, a última fai máis dun ano dende a Asociación Arcodega (Asociación Profesional de Recicladores de Residuos de Construcción e Demolición de Galicia). Arcodega, levou o caso ante a Fiscalía por presunto delito ambiental da empresa xestora. A pesar de que aportaban probas de que se estaban vertendo toneladas de escombros sen tratar, a Fiscalía inhibiuse en favor no xulgado local número 1, que por mor de diversas razóns como cambios de titular, mantivo a investigación do caso repetidamente aprazada e finalmente sobreseído provisionalmente o caso, dende o pasdo xullo de 2020, por non apreciar responsabilidades penais.

Logo de anos de sucesivas denuncias e a apertura de varios expedientes sancionadores, na acualidade seguen a manter a actividade de recheo ilegal da antiga canteira con toneladas de escombros e residuos industriais de todo tipo. Unha actividade, como xa denunciamos dende Galicia Ambiental, enmascarada baixo unha autorización dunha inexistente planta de reciclaxe de RCDs que a Xunta retirou e volveu a conceder, malia constatar a ausencia da citada instalación de reciclaxe e comprobar que sí fai de vertedoiro carecendo de autorización SIRGA para elo.

Comparte esta noticia