Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Adega solicita de novo o peche das granxas de visión polo risco de transmisión da COVID-19

A recente aparición de casos de SARS-CoV-2V nunha granxa de visóns americanos no concello de A Baña (A Coruña), fixo saltar as alarmas de novo sobre os graves riscos que comportan para a saúde ambiental e cidadá estas instalacións. E ante esta situación a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, solicita de novo á Xunta de Galicia e á Delegación do Goberno “o peche inmediato de todas as granxas de visións galegas polo elevado risco de transmisión da COVID-19″. Engaden amais, que Xunta e Goberno “poden e deben facelo” pois así llo permite a normativa relativa ao estado de alarma e as diversas disposicións legais vixentes (Lei de Medidas Especiais en Materia de Saúde pública, a Lei Xeral de Sanidade ou a Lei de Sanidade Animal), en prevención da defensa da saúde pública. “Teñen capacidade legal e ferramentas para facelo” e explican dende ADEGA que non se entende o motivo polo cal non se está a pechar este tipo de granxas, un total de 26 no territorio galego, tendo en conta os numerosos gromos de coronavirus que se están dando nestas explotacións en todo o mundo, “e mesmo aparición de novas variantes do virus para as que as diversas vacinas que se están comezando a distribuír poderían non ser efectivas”.

Ante insuficientes medidas de control, a solución efectiva é o peche cautelar

Para a asociación os riscos que derivan do mantemento destas instalacións “non están en absoluto controlados coas medidas derivadas do programa estatal de prevención, vixilancia e control do SARS-CoV-2” e que dende o mes de setembro se está aplicando na nosa comunidade. “Trátase dun programa de control pasivo que só realiza análises se aparecen visóns con síntomas compatíbeis co virus ou se algún dos operarios tivo un diagnóstico positivo” apuntan, e son insuficientes para desactivar o alto risco de contaxio e transmisión da enfermidade nestas instalacións.

ADEGA pide por todo elo o peche cautelar das granxas de visón, “como solución efectiva”, como xa se está a facer nalgúns países europeos como Holanda, Dinamarca, Reino Unido ou Francia. Países nos que recentemente aplicaron ou decretaron prohibicións e peches.

“Non hai pois razóns que xustifiquen a demora en adoptar medidas drásticas”, e a asociación advirte “de persistir a inacción administrativa non descartamos acudir a instancias europeas ou á propia Fiscalía de Medio Ambiente”.

Comparte esta noticia