Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O sector pesqueiro denuncia a contra dos megaproxectos proxectos eólicos mariños coa pesca na Eurocámara

Esta mañá no Parlamento Europeo tivo lugar unha conferencia impartida pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, xunto con representantes dos diferentes colectivos e confrarías pesqueiras sobre os efectos que tería a eólica mariña na pesca. Durante a sesión, denunciaron a incompatibilidade dos actuais megaproxectos de eólica mariña coa pesca nas costas españolas.

Ana Miranda destacou que «é imprescindible que os proxectos de eólica mariña respecten o sector pesqueiro, así como o medio mariño». Reivindicou tamén a necesidade de que se coñezan os efectos que pode producir esta práctica xa que sinala que son prexudiciais tanto para o sector pesqueiro como para os ecosistemas mariños. E ás súas queixas sumouse o portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, Torcuato Teixeira, que sinalou que «a loita contra o cambio climático non puiden poñer en perigo os ecosistemas». Ao que ela engadiu, «que está por encima, a soberanía enerxética ou a soberanía alimenticia?».

Pero iso non foi o único destacable da xornada. O presidente da Federación Española de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero, expuxo que o sector pesqueiro en ningún momento foi consultado para o desenvolvemento dos plans de ordenación mariña. Polo que non puideron presentar as súas preocupacións nin como afectaría iso ao seu sector. Otero tamén alertou do aumento das importacións de peixe, como consecuencia directa da destrución do sector pesqueiro polos actuais megaproxectos eólicos mariños.

Rubén Adrover, patrón maior da Garda manifestou así mesmo a súa preocupación por como vai cambiar tanto a súa forma de traballar como a paisaxe costeira. «Galicia e Portugal están unidas por moitas cousas, pero non queremos que estean unidas por muíños de vento». Do mesmo xeito queixábase o presidente das confrarías de Portugal, Nuno Teixeira, durante a súa intervención. Expoñía que Portugal ten que importar preto do 70% do peixe, pero tamén criticaba a redución nos últimos anos do 65% dos barcos pesqueiros, «polo que dicimos eólica se, pero non así», finalizaba Teixeira.

A pesar das problemáticas que están a ter, o presidente da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa, manifestou que teñen pensado seguir loitando para «seguir vivindo dignamente da pesca artesanal».

Comparte esta noticia