Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


MeteoGalicia informa do rexistro dunha primavera moi cálida e seca

MeteoGalicia informa de que o radar meteorolóxico ha rexistrado unhas temperaturas algo máis altas do esperado nestas datas e unha escaseza de precipitacións, deixando unha primavera moi cálida e seca. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo unha visita con motivo da Semana por unha Galicia sostible organizada pola propia consellería para coñecer o funcionamento do radar que se atopa en Cuntis. Segundo subliñou, o radar «é único nas súas características en Galicia, pero teño que dicir que tan só hai cinco en toda Europa con estas mesmas características».

Esta primavera as temperaturas estiveron un pouco máis altas da media con 14,2ºC, dous graos máis altos do que se adoita dar nesta época do ano. Como datos a destacar, a conselleira explicou que habería que remontarse a 2011 para poder atopar temperaturas máis altas que estas. E, ademais, destacou que a temperatura media que se deu durante o mes de maio foi de 16,4ºC, bastante alta para estas datas.

No que respecta ás precipitacións, estas foron moi escasas rexistrándose unha primavera moi seca cun 24% de choivas menos das esperadas. O mes de marzo foi o que máis litros rexistrou sendo o máis húmido do resto de meses, uns 117 l/m² de media. En cambio, o mes de abril foi bastante seco en comparación, deixando tan só uns 68 l/m². Finalmente en maio, grazas aos fenómenos tormentosos houbo zonas nas que as precipitacións foron maiores que as habituais, aínda que, a pesar diso, en xeral choveu un 37% menos do habitual deixándoo nun mes moi seco.

Tras as tormentas, en Galicia chegáronse a rexistrar preto de 13.700 raios, dos cales a maioría, un 99% (13.583) ocorreron durante os últimos 6 días de maio. Estes continuaron o primeiros cinco días de xuño, rexistrándose ata 8.556 raios.

Coa visita da conselleira, salientouse a importancia do radar meteorolóxico de Cuntis xa que é unha das principais ferramentas que a Xunta ten para valorar as predicións de MeteoGalicia. Tal e como explicou Ángeles Vázquez, «temos unha visión de 250 quilómetros e estamos a unha altura de 50 metros. Isto sérvenos por unha banda para a detección e por outro para a medición. E crémolo fundamental para despois poder seguir avanzando e realizando traballos en prol de frear ese cambio climático que xa é unha realidade pero que se nos aveciña con máis intensidade».

Este radar, que leva funcionando en Cuntis desde 2010, é unha gran ferramenta xa que, con el, os técnicos poden coñecer datos con moita máis exactitude que con outros. Grazas a el poden realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da meteoroloxía galega. E cos datos que este aparello recolle poden chegar a calcular ata o tipo de precipitación e a súa intensidade ou mesmo cuantificar a neve e a sarabia acumuladas.

Comparte esta noticia