Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


¡PAREN AS MÁQUINAS!

A nova (nota de prensa da Semana Verde) é reproducida polos medios locais e sectoriais: a merda é un recurso (https://www.farodevigo.es/deza...) . De partida é un bo marketing, pero o tremendamente incomprensible e que ten que vir un de fora (e varios anos tarde) a dicirnos que o xurro é un recurso fertilizante mellor que os abonos químicos e non un residuo que hai que tratar en grandes plantas de metano que fan ricos a catro e serve ás administracións para lavar a cara pola inacción na materia financiando e respaldando mega-proxectos centralizados de tratamento e obtención de biogás, como o anunciado para Cerceda. Modelos que outros, como Cataluña veñen de pechar; unha herdanza daquela chamada "prima por coxeneración", que se instaurou fai 20 anos para "axudar" a tratar o xurro "evaporando a auga co calor que se produce ao queimar o gas para xerar electricidade". Unha barbaridade, pola que os concesionarios chegaron a reclamar danos e prexuízos ao Goberno cando as pecharon. En realidade moitas veces nin trataban o xurro, só interesaba a "prima" que pagamos todos no recibo da luz....o típico dos negocios oportunistas no eido "ambiental": se crea un problema, fálase de residuos, e veñen a "salvar a o sector" as empresas enerxéticas (algo parecido á burbulla eólica).

Como sempre se utiliza aos gandeiros como escusa para facer negocios, sinalando o xurro "como Residuo" cando os abonos minerais están pola nubes (máis dende o inicio da guerra de Ucraína). O importante, se pensaran nos gandeiros, sería aproveitar a oportunidade que temos en Galicia de reducir a dependencia dos abonos químicos, facendo unha xestión correcta do xurro como abono, investindo nas explotacións "nas fosas" para aforrar no mineral, por exemplo con cubricións e illamento... e non desbotándoo en aplicacións indiscriminadas en prados anexos só para desfacerse del. Axudar ás explotacións para utilizar os tellados das naves gandeiras, para producir moita mais enerxía, que con modelos centralizados de plantas de biogás; que se lles axudara con eses cartos, a investir en placas solares para reducir o coste da luz en autoconsumo, e ao mesmo tempo vender a enerxía de xeito local, de forma descentralizada. Que, se apoiara a creación de cooperativas para o procesado no entorno local ou comarcal xerando unha industria de elaboración de fertilizantes orgánicos e con produción de biogás co que reducir o consumo enerxético da instalación.

Segue a haber intencionalidade en chamar residuos aos abonos orgánicos, cando son un recurso e unha oportunidade para non depender do gas ruso, ou na fabricación de fertilizantes químicos, por certo tan caros para os agricultores (ademais de contaminantes). O que non ten sentido é transportar a un lugar central, como Cerceda, os puríns.. o transporte sería maioritariamente de auga, xa que o xurro de porcos ten máis do 95%de auga, que é o q sobra, non así o de vacún, onde hai terras que abonar en proximidade.

O que falta é inversión en almacenamento, e cubrición das fosas, para que non rebosen no inverno polas choivas. Datos do censo agrario 2020: esterco líquido sen cuberta ou en estanques, Total 6.065, Esterco líquido en depósitos ou estanques con cuberta permanente, Total 2.899.

A valorización de estercos debe realizarse en clave local ou comarcal, e ter como obxectivo o paso dun residuo a un recurso (esa é a orientación da doctrina comunitaria en materia de economía circular e o sentido común... que non sempre é o común dos sentidos). Trátase de elaborar un fertilizante orgánico de alta calidade, mínimo impacto ambiental (suple a uso de químicos) e a obtención de enerxía para autoconsumo en plantas locais e comarcais... Nada que vaiamos a descubrir agora e que veñen reclamando científicos e investigadores como Juan Castro Ínsua do centro agrario de Mabegondo, entre outros. Non é cuestión de teorizar, é cuestión de investir en favor dos gandeiros e o medioambiente, non en favor dos intereses de empresas enerxéticas que só buscan crear unha "SOGAMA dos puríns" a carón da "SOGAMA do lixo": Narturgy e pouco máis.

Comparte esta noticia