Exemplos de (des)información na prensa
Hai uns días publicouse no diario O Mundo un artigo comparando as resolucións que están a facer os Tribunais Superiores de Xustiza galego e andaluz en canto a casos de paralización de novos proxectos de enerxías renovables. Nel compáranse varios casos que levaron en ambos os TSX, pero pouco teñen que ver entre eles, máis aló de abordar problemas coas promotoras de enerxías renovables. Isto nos leva a pensar, desde Galicia Ambiental, como é posible que se terxiversen desta forma unhas informacións facilmente contrastables para facer un artigo que pouco axuda á poboación para informarse sobre o que está a ocorrer con esta cuestión.
Como ocorre moitas veces, por falta de claridade ou de contexto, pódense dar casos de posible (des)información ao cidadán. En casos como este, do modo no que esta presentada a noticia, a información que se está dando non concorda coa realidade. Os dous casos que se están comparando baséanse en preceptos completamente diferentes, o que pode derivar en lectores mal informados.
No caso do tribunal andaluz, non hai dúbida para este de que o “ben maior” das renovables non recomenda a suspensión cautelar da autorización. Isto débese a que non habería impactos relevantes (ou cando menos previsibles ou irreversibles) no territorio. Pero no caso galego citado, ao igual en está a ocorrer, nos que se están suspendendo preventivamente as licenzas, son aqueles que hai risco real ou poden supoñer graves risco para as contornas nos que se atopan.
As paralizacións galegas débense a varios aspectos: ou ben existe un risco certo de afectación de lugares de alto interese ou protección ambiental ou ben hai un risco evidente e irreparable de afectación patrimonial, como ocorre con xacementos arqueolóxicos e incluso paisaxísticos. Para estes últimos, cabe lembrar que xa hai sentenzas firmes, que teñen ilegalizado parques, xa construídos, despois de arrasar castros, casos en que a reposición é xa imposible. Tamén se teñen dado situacións nas que houbo suspensións cautelares por razóns de “tipo técnico”; nalgún deles en evidente fraude de lei, ao sácarse a “concurso” máis dun parque con evidencias de “fragmentación” para ser tramitado en ámbito autonómico e obter licenza, eludindo a tramitación e filtros e esixencias ambientais máis estritas, establecidas para os parques de maior tamaño e competencia de autorización nacional.