QUE É GALICIA AMBIENTAL?

A asociación de profesionais ambientais – Galicia Ambiental é o punto de encontro e defensa dos intereses dos profesionais do sector medioambiental.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS?

  • O coñecemento, divulgación e a posta en valor das boas prácticas ambientais de empresas, institucións ou persoas.
  • A denuncia ante as administracións, públicas e/ou Administración de Xustiza, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado… de prácticas ilegais ou lesivas co medioambiente no ámbito da comunidade de Galicia, indistintamente de que a súa orixe teña relación con accións levadas a cabo por persoas físicas, empresas, institucións, etc.
  • A participación en foros, órganos consultivos, grupos de traballo… en defensa das boas prácticas ambientais e da protección da saúde ambiental da poboación.
  • O desenvolvemento de actividades de sensibilización, divulgación, formación… de colectivos cidadáns, nomeadamente dos máis novos, en todo o relacionado coa conservación da biodiversidade e o patrimonio natural de Galicia.
  • Do mesmo modo o desenvolvemento de accións directas sobre o territorio, para a recuperación e  conservación da biodiversidade e o patrimonio natural de Galicia: programas de voluntariado, plantacións e reforestacións, intervención directa no control e erradicación de especies invasoras…

QUEN PODE FORMAR PARTE?

Profesionais independentes e/ou representantes de empresas, institucións, corporacións de dereito público, medios de comunicación, etc… que desenvolven a súa actividade profesional na área medioambiental.

OS NOSOS ESTATUTOS

Coñece mellor os nosos ESTATUTOS