Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Unha nova web de contidos ecolóxicos e de coidado ambiental para ficar na casa con ADEGA

Unha nova web con actividades ecolóxicas e de coidado ambiental para seguir sendo responsables e sustentables durante o confinamento. Esta é a nova proposta de ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, para facer máis levadeiro esta situación de emerxencia sanitaria. Trátase dunha páxina web que serve de “contedor” online de todos os recursos educativos ou materiais de divulgación que lles chegue a través da campaña iniciada hai tres semanas #EuFicoNaCasaConADEGA.

ECO-Ideas para os fogares galegos

Trátase dunha web de acceso libre na que todas as persoas poderán mergullarse en multitude de “Eco-ideas” e actividades relacionadas coa ecoloxía e o medio ambiente. Amais, conta con material divulgativo de proxectos e expericencias sustentables para dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da nosa comunidade, moitos destes recursos proceden de entidades colaboradoras nesta iniciativa.

Con materiais para escolares de primaria e secundaria pero tamén para que poidan participar os maiores da casa e para o público en xeral, as actividades propostas van dende vídeo – obradoiros, fichas de actividades e para a identificación da flora e a fauna, pasando tamén por lecturas recomendadas e enmarcadas na temática.

#EuFicoNaCasaConADEGA

A nova web de ADEGA, nace logo da boa acollida que tivo a campaña iniciada hai tres semanas pola asociación, #EuFicoNaCasaConADEGA. . O obxectivo desta proposta é a de facilitar o acceso a recursos didáticos e divulgativos sobre medio ambiente e ecoloxía e facer así máis ameno este período de confinamento.

Deste xeito, contribúen a compartir experiencias, coñecementos e facilitar a aprendizaxe colectiva para mostrar ao público en xeral que outra forma de vivir “máis amable, máis sustentable e máis consciente e necesaria” é posible fronte a crise climática.

A web impulsada por ADEGA, parte desta idea pero querían ir máis alá e facer partícipes tamén desta iniciativa a outros colectivos e organización (Anpas, sindicatos de ensino e agrarios, organización culturais…) de ámbito galego para compartir con todos os seus recursos e ideas que se poidan aplicar na vida diaria dos fogares máis alá desta época de crise sanitaria.

Todos aqueles colectivos e asociacións de calquera ámbito que queiran participar nesta inciativa poden enviar a súa proposta a través da web de Eco-ideas de ADEGA.

Comparte esta noticia