Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Un estudo desmonta o negocio da auga embotellada

As botellas de plástico son un dos envases máis usados no día a día dos españois. Cada vez máis persoas optan polo uso da auga embotellada no canto da auga da billa polo sabor ou por suposta mala calidade desta, sobre todo nas cidades. Pero esta situación supón un gran refugallo de plástico diario que, en moitos casos, non é reciclado nin recolleito correctamente, o que implica un impacto ambiental maior ao da auga da billa.

Segundo estudos recentes realizados polo Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal), a auga da billa ademais de ter menor impacto ambiental é beneficiosa para a saúde polos minerais que ten e polos procesos de filtración polos que pasou antes de chegar ás casas. Informan tamén que esta pode volver ser filtrada usando filtros especiais nas casas para casos como a auga de moitas cidades que pode chegar con moito cloro, entre outras cousas, o que fai que non sexa consumida polas persoas. De mesmo modo que estes filtros poden reducir significativamente os niveis de trihalometanos na auga axudando a que sexa máis apetecible e beneficiosa. Aínda así, é necesario lembrar que os filtros domésticos requiren un mantemento adecuado para que funcionen correctamente e para evitar a proliferación microbiana, motivo polo cal o seu uso é pouco común.

Mentres tanto, a pesar da publicación de estudos como este, a poboación continúa co uso da auga embotellada de maneira masiva. O consumo da auga desta maneira é, na maioría dos casos, por publicidade enganosa das grandes compañías de auga. Estas aproveitan o sabor a cloro da auga de moitas cidades grandes para dicir que a auga que eles venden, en comparación coa da billa, é beneficiosa xa que non sabe mal. E isto non sería un problema tan grande se se reciclasen debidamente todas as botellas que se usan.

Segundo informa a empresa privada que se encarga da reciclaxe do plástico, papel e cartón en España, Ecoembes, supostamente recíclanse ao redor do 48% e 70% das botellas de plástico. A realidade é moi diferente ao que eles tratan de vender na súa publicidade. Dacordo con un estudo realizado por Elisava Research, o departamento de investigación de Elisava da Facultade de Deseño e Enxeñería da Universidade de Vic-Universidade Central de Cataluña, en España do 15,3% dos envases de plástico que se colleita, só se recicla o 10,7%. Estas son unhas cifras que están moi afastadas do que a Unión Europea ten como obxectivo para 2025, reciclar o 55% dos envases de plástico.

Actualmente, debido aos diferentes tipos de plásticos, non todos poden ser debidamente reciclados. O plástico filme, que representa case a metade dos plásticos comercializados no mercado, ten unha taxa de rexeitamento próxima ao 50% e unha taxa de reciclaxe efectiva do 3%, o que indica que o sistema de reciclaxe actual non pode cumprir cos obxectivos de circularidade establecidos pola Unión Europea. Ao contrario que este, os plásticos ríxidos como o PET (para botellas de auga) e o HDPE (para botellas de deterxente) teñen unha taxa de reciclaxe de ao redor do 30% e unha taxa menor de recolección e reciclaxe, o que os fai máis circulares. Por esta razón, o preciso sería ir eliminando aos poucos lle plástico filme e ir substituíndoo por plásticos PET e HDPE.

Que son os PET? O tereftalato de polietileno (PET) é un polímero amplamente utilizado tanto na fabricación de fibras de poliéster como en envases dun só uso. Todos os produtos de PET fabricaríanse con PET reciclado (rPET) en lugar de PET virxe, segundo un modelo económico completamente circular. O PET podémolo atopar tanto en bandexas plásticas como no flexe ou en pezas de roupa de poliéster.

E que é o HDPE? O polietileno de alta densidade é un polímero termoplástico composto por varias unidades de etileno. O polietileno de alta densidade prodúcese agregando, o que significa sumar diferentes unidades de etileno. As súas moléculas carecen de ramificacións, o que lle dá unha gran densidade molecular, o que resulta nunha gran resistencia e dureza, así como unha maior tolerancia ás altas temperaturas. Á súa vez, esta característica é a principal distinción entre o polietileno de alta densidade e o de baixa densidade.

Comparte esta noticia