Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Tres mil novos composteiros sumaránse este ano á rede de compostaxe doméstica

Durante este ano 2021 repartiránse uns 3.000 novos compostadores que se sumarán á rede de compostaxe doméstica posta en marcha pola Consellería de Medio Ambiente, que superará así as 18.000 unidades.

Todos os e as que participen nesta iniciativa amais de adquirir un composteiro cunha capacidade de 400 litros, tamén recibirá un curso de formación para que coñezan á técnica de compostaxe e recibir asesoramento para aclarar dúbidas como onde localizar o compostador, control de parámetros como temperatura, osíxeno ou humidade que inflúen na compostaxe ou qué refugallos deben depositarse e cáles non.

 

Os beneficios da compostaxe
O compost é o resultado da descomposición da materia orgánica para a súa transformación en humus e trátase dunha das prácticas más importantes para rexeneración dos solos degradados e pouco fértiles.

Ao transformar os biorresiduos en compost devolvemos grandes nutrientes ao solo, ao mesmo tempo que reducimos e reutilizamos os residuos producidos. Amais, o compost tamén mellora a resiliencia dos mesmos ante as crises como poden ser as sequías.

O compost é unha rica fonte de materia orgánica e ésta xoga un papel fundamental no mantemento da fertilidade do chan, e polo tanto, na produción agrícola sostible. Amais de ser unha fonte de nutrientes para as plantas, mellora as propiedades biolóxicas e físico – químicas do solo.

Se temos en conta as propiedades biolóxicas, o compost, aporta organismos, como bacterias e fungos, que transforman os materiais insolubles en nutrientes do chan para as plantas e degradan as substancias nocivas. Así tamén, ao mellorar as condicións do solo mantén a biodiversidade. Isto é o compost contribúe á continuidade do ciclo de vida, alimentando ás especies vexetais que, á súa vez, alimentarán ás especies animais.

Ademais dos múltiples beneficios que aporta ao solo, practicar a compostaxe permite reducir a presenza de lixo orgánico xerado nos fogares e que acabe depositado no contedor verde para dárlle así un novo uso como abono natural. A recuperación da materia orgánica fomenta o desenvolvemento sostible para frear o cambio climático e reducir a pegada ecolóxica.

Comparte esta noticia