Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Teresa Ribera descarta “en principio” a reapertura da central de As Pontes

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, ven de afirmar que “en principio” non será necesario que a central térmica de As Pontes (A Coruña) entre novamente en funcionamento. Estas declaracións daban resposta á pregunta da Rede Eléctrica de España sobre as previsións de garantía de subministración. Neste sentido, a ministra constatou que “tenemos un parque de generación que nos permite funcionar a no ser que haya una acumulación de catástrofes, sin As Pontes", con respecto á posibilidade de manter a actividad nesta planta de Endesa.

Ademais, Ribera constatou a súa posición de manter un calendario de peche ordeado das centrais nucleares en España e puxo o punto de mira ás plantas de Francia, das que destacou os seus problemas de falta de corrosión e seguridade. Así, manifestou que o calendario é “importante” para ter ordeado todo o sistema de peche de forma que se poida asegurar que hai unha capacidade de entrada de enerxía alternativa. Ribera asegura o calendario é “clave”, incidindo en que por enriba de todo está a seguridade nuclear.

Porén, a reactivación da central térmica de As Pontes era inminente hai unhas semanas debido á situación excepcional do mercado enerxético. De feito, o pasado 12 de xullo celebrouse unha reunión entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Endesa, na que se abordou a posibilidade de devolver a actividade na central de As Pontes e pospoñer así o peche definitivo da planta. Porén, Ribera descarta en principio esta posibilidade segundo as súas últimas declaracións.

Comparte esta noticia