Teo quere impedir a instalación dunha planta de biorresiduos na canteira da Casalonga por parte de Toysal
Data: 09/12/2022 Visto: 535 veces
A Xunta de Galicia, na súa Lei de acompañamento dos orzamentos, abre a porta á
xestión privada de residuos en solo rústico. Segundo o alcalde de
Teo, Rafael Sisto, isto conlleva certas modificacións da Lei do Solo, permitindo así a actividade que pretende desenvolver
Toysal na
canteira da Casalonga. Neste sentido, o Concello de Teo quere impedir que se instale a planta de biorresiduos na canteira da Casalonga a mans desta empresa de residuos industriais.
A actual
Lei do Solo obriga a que as infraestruturas anticontaminacións sexan públicas, o que permite que moitas solicitudes privadas de plantas de xestión de residuos non obteñan licenza. Porén, o Partido Popular modifica a normativa a través da Lei de acompañamiento dos orzamentos. Segundo Sisto, se se aproba, dará lugar á
equiparación dos intereses privados co interese ambiental: “Agora ábrese a porta a que unha empresa privada compre un terreno rústico e plantexe calquera tipo de infraestrutura, desde as propias antenas de telefonía ás plantas de tratamento de residuos. Calquera tipo de actividades recollidas nese artigo da Lei do Solo”.
O Concello de Teo non ten capacidade legal para modificar unha lei xeral, polo que vai
mobilizar á cidadanía para impedir que a empresa Toysal se instale na canteira da Casalonga. Os veciños temen que se vertan millóns de residuos á lagoa e reclaman que os espazos restaurados de vellas minerías sexan declarados
espazos naturais protexidos. Desde o Concello enténdese que é necesario amosar a disconformidade con este cambio dunha forma clara, alertando de que a ameaza de Toysal pode converterse nunha “realidade nefasta”.