Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Ríos con Vida denuncia os vertidos ao Río Brexa por parte da depuradora de Carral

Mark Adkinson, presidente en Galicia de AEMS-Ríos con Vida (ONG de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública que se dedica á conservación e restauración dos ríos, ademais de promover unha xestión sostible dos recursos piscícolas fluviais) formula unha denuncia debido a diversos feitos relacionados coa depuradora de Carral. A organización expresa que dende o ano 2004 esta depuradora verte semanalmente sen control e sen os permisos oportunos vertidos fétidos ao Río Brexa (afluente do Mero), que abastece a Galicia de auga potable. Como consecuencia, o río atópase “nun estado lamentable” e desprende cheiros “pouco hixiénicos”. Malia o coñecemento da problemática por parte do Concello e o recibimento de axudas, aínda “se verte descontroladamente causando un impacto ambiental e sanitario tremendo”. Ademais, deixáronse de ver nutrias na zona e o río aparece cun estado morto e sen vida.

 

Segundo o artigo 97 do texto Refundido da Lei de Augas (RD Lexislativo 1/2001), queda prohibida con carácter xeral e, sen prexuízo do disposto no artigo 100, toda actividade susceptible de provocar a contaminación ou degradación do dominio público hidráulico e en particular acumular residuos sólidos, escombros ou substancias que constitúan ou poidan constituír un perigo de contaminación das augas ou da súa contorna; efectuar accións sobre o medio físico ou biolóxico afectando á auga que constitúan unha degradación do ecosistema; e o exercicio de actividades dentro dos perímetros de protección, fixados nos Plans Hidrolóxicos, cando constitúan un perigo de contaminación do Dominio Público Hidráulico.

 

O artigo 116.3 recolle como “accións constitutivas de infracción” as accións que causen danos aos bens de dominio público hidráulico e ás obras hidráulicas; a execución sen a debida autorización administrativa de obras, traballos, sembras ou plantacións nos cauces públicos ou nas zonas suxeitas legalmente a algún tipo de limitación no seu destino ou uso; e os vertidos que poidan deteriorar a calidade da auga ou as condicións de de desaugadoiro do cauce receptor, efectuados sen contar coa autorización correspondente.

 

É importante destacar que o Río Brexa conta coa protección da Lei 5/2006, do 30 de xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos (BOE de 19 de agosto de 2006). Coma todo río, atópase protexido no artigo 21 da Lei 42/2007 de patrimonio natural e biodiversidade, onde as Aministracións preveran mecanismos para lograr a conectividade ecolóxica do territorio, establecendo ou reestablecendo corredores. Para conseguilo, outorgarase un papel prioritario aos cursos fluviais e outros elementos do territorio ou que actúan como puntos de enlace con independencia de que teñan a condición de espazos naturais protexidos. Estas normas desenvólvanse no artigo 315 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

 

A organización cre que con estes feitos conculcáronse o principio de “non deterioro” da Directiva Marco da Auga 60/2000/CE, así como do texto Refundido da Lei de Augas aprobado polo RD Lexislativo 1/2001 (art. 98), xunto coas normas sectoriais xa indicadas, coa fin de completar a remisión penal en branco do tipo penal deste delito ambiental. Por todo o anterior comentado, o presidente en Galicia da organización pide á Fiscalía que teña por presentado este escrito e se digne a admitir todo o exposto e que se practiquen as dilixencias propostas. Ademais, pide que se continúe a instrucción do procedemento polos seus propios trámites ata a súa conclusión e remisión ao Tribunal competente para o seu axuizamento.

Comparte esta noticia