Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Reacción cidadá na loita contra as especies invasoras en Lalín

Varios grupos de lalinenses reúnense para eliminar sementes desta especie invasora: a herba da Pampa no municipio. O Concello de Lalín sofre un problema de control incipiente de especies invasoras (Cortaderia, Mimosa…) sen embargo non consta acción algunha desde o concello. As administracións están obrigadas por lei, polo Real Decreto 630/2013, que regula as medidas derivadas polo Catálogo de Español de Especies Invasoras. A presenza é incipiente e estase todavía a tempo se se actúa de inmediato (con medidas de extracción da semente ágora e da planta no inverno e primavera) pero non se fai nin con esta nin con outras invasoras coma a Acacia mimosa. A herba da Pampa atópase desde os viais paralelos á AP-53, os terrapléns desta vía ata o paseo do Pontiñas, o auditorio de Vilatuxe, parcelas preto do Concello ou a Rolda, en total cerca de medio cento de plantas que están afectando á biodiversidade da cidade e poñen á vila en risco a 5 ou 10 años vista (pola afección ambiental e de saúde pública polas alerxias que provoca). Logo de algunhas queixas (nomeadamente en redes) e debido á inacción do concello, varios lalinenses achegáronse ao portal de Galicia Ambiental para ofrecerse voluntarios para realizar accións de voluntariado e protexer preventivamente a biodiversidade de Lalín e a comarca das especies invasoras.

Ata agora, tres grupos de voluntarios empezaron a censar e eliminar os plumeiros das herbas da Pampa para evitar a propagación da semente antes do outono. Extraeron en doce puntos diferentes da cidade medio centenar de plantas e medio milleiro de plumeiros, practicamente todas as plantas que había pola cidade. Cada planta pode chegar a producir un millón de sementes que, nas próximas semanas, empezarían a propagarse por todas partes, aumentando o perigo de dispersión e crecemento de novas plantas. Tras a cantidade de plumeiro que eliminaron, evitaron a dispersión de máis de 10 millóns de sementes.

Do mesmo xeito, desde a Asociación Galicia Ambiental anímase aos cidadáns particulares a limpar nas súas fincas as especies invasoras, cortando o plumeiro antes do outono e eliminando a planta no inverno.

Comparte esta noticia