Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Os recheos da praia de Barrañán investigados polo Seprona por unha posible agresión ás dunas

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, denuncia en Seprona (Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil) e ante Patrimonio Natural o emprego de maquinaria pesada nas labores de recuperación da praia de Barrañán, en Arteixo. A entidade afirma que estas tarefas están a causar estragos nas dunas afectando de xeito negativo nos hábitats protexidos e nas especies ameazadas.

Os recheos de area que executa a Autoridade Portuaria de A Coruña co permiso de Demarcación de Costas, xa están a ser investigados por Seprona por unha posible agresión ás dunas. Dende Portos, aseguran que esta actuación serve para “preservar o conxunto” de Barrañán e que en todo momento foi consensuada “con todos os orgnanismos con competencias” no litoral. Din que o acceso á praia estáse a facer “por un dos seus extremos, co obxectivo precisamente de minimizar o impacto da obra sobre as dunas” e que a area empregada é “na súa totalidade area de praia”.

Pola súa banda, a entidade ecoloxista pon en dúbida o bo proceder no que a Autoridade Portuaria considera unha rexeneración do areal de Barrañán. Adega ve nesta actuación unha “nova agresión ecolóxica” das administración públicas nun “espazo natural protexido”. Pois din que a maquinaria pesada atravesa as dunas, alterando así o ecosistema e mesmo pondo en perigo á flora e fauna en perigo de extinción. Recrimínanlle ás administracións que antepoñan a atracción do fluxo turístico á conservación e protección deste espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

Ademáis, como xa se ten demostrado noutras ocasións (Cedeira, Miño, Orzán…) os recheos con area tan só son parches temporais e non son unha solución a uns problemas que van moito máis alá e que son permanentes ou de difícil reversión: cambio climático ou as intervencións agresivas no litoral (portos, urbanizacións…).

Comparte esta noticia