Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Os embalses galegos atópanse a menos da metade da súa capacidade

Malia as precipitacións, os embalses galegos atópanse a menos da metade da súa capacidade, situándose ao 49% ao conter 1.821 hectómetros cúbicos (hm3), 42 menos que a semana pasada. Son datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), que indican concretamente que os embalses da cunca do Miño-Sil atópanse ao 47,7% con 1.443 hectómetros cúbicos de auga almacenada, mentres que os embalses de Galicia Costa están ao 55,3% da súa capacidade total, supoñendo 378 hectómetros cúbicos de auga embalsada. Os datos tamén indican que a media dos dez últimos anos de reserva total embalsada en Miño-Sil é de 1.876 hm3, mentres que en Galicia Costa é de 447 hm3.

Pola súa parte, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, ven de informar que eleva a situación de prealerta por sequía a cunca do Miño Alto. A súa vez, o Baixo miño continúa en normalidade; a cunca do Sil Superior e Inferior está en prealerta; e as cuncas dos ríos Cabe e Limia están en alerta. O CHMS indica que, segundo as previsións a medio prazo, continuará a situación de sequía. Polo tanto, insiste na necesidade de facer un uso eficiente da auga e de tomar as medidas precisas por parte dos usuarios para “consumir o recurso estritamente necesario”.

A nivel nacional, o MITECO indica que a reserva hídrica española está ao 35% da súa capacidade total. Os embalses almacenan actualmente 19.671 hectómetros cúbicos de auga, diminuíndo na última semana en 593 hectómetros cúbicos (o 0,9% por cento da capacidade total actual dos embalses). Deste xeito, os embalses albergan 10.053 metros cúbicos menos que a media dos últimos dez anos nesta mesma semana.


No que respecta ás precipitacións, o MITECO informa de que afectaron á vertente Atlántica e foron escasas na vertente Mediterránea. A máxima produciuse en Albacete, con 14,2 mm. Neste sentido, o MITECO indica a situación das cuncas en hectómetros cúbicos con respecto á reserva total embalsada. O total peninsular é dunha capacidade total de 56.136 hm3, sendo o ano actual de 19.671 hm3 e o anterior de 23.332 hm3. En canto á Vertente Atlántica, a capacidade total é de 42.380 hm3, mentres que a da Vertente Mediterránea é de 13.756 hm3.

Comparte esta noticia