Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Os desafíos ambientais de Galicia: protexer a biodiversidade e pór fin ao incumprimento do dereito de acceso á información, participación e xustiza ambiental

Recuperar a biodiversidade perdida e quitar trabas á información ambiental, son dúas das materias pendentes nunha Galicia que celebra, este 5 de xuño, o Día Munidal do Medio Ambiente, sen ferramentas para facer fronte aos principais desafíos ambientais aos que se afronta a nosa comunidade.

Como viñemos anunciado nestes últimos meses, a parte máis insostible da economía está a traballar para descontar a perda de produción e consumo (consumismo) que se deu ao longo do período de confinamento, e facelo coa maior urxencia posible, relaxando o cumprimento das esixencias e a lexislación nesta materia. Unha realidade, na que prima o económico fronte ao social e ambiental, que se afasta dun crecemento sostible.

Non aprender do acontecido (reducción da contaminación e da emisión dos gases de efecto invernadoiro no confinamento), e desaproveitar a oportunidade agora de pór en valor fórmulas de crecemento sostible como os reflectidos na estratexia europea de Economía Circular e no Pacto Verde Europeo (que ven de facer seus a administración do estado, coa aporobación onte da Estratexia Española de Economía Circular), sería un erro grave para o futuro medioambiental e por conseguinte para a sociedade. É o momento de revertir as causas que provocan a crise climática e a perda da biodiversidade para pór freo ao deterioro cada vez máis visible e intenso do planeta.

A protección da biodiversiade, unha garantía de futuro

Na actualidade, queda demostrado como a actual pandemia sanitaria mundial garda unha forte vinculación coa propia saúde do noso ecositema. Exemplos de destrución da biodiversidade como a deforestación, o cambio do uso dos solos, a produción agrícola e gandeira intensiva ou o crecente comercio irregular ou ilegal de vida silvestre, poden aumentar o contacto e a transmisión de enfermidades infecciosas.

A nosa saúde depende da saúde do medio e son os ecosistemas sans os que nos proporcionan unha maior protección fronte á propagación de patóxenos e de doenzas infecciosas causantes das pandemias. Os cambios na biodiversidade afectan ao funcionamento dos ecosistemas e poden causar alteracións importantes dos bens e servizos que estes nos proporcionan.

Ainda que a biodiversidade dificulta a propagación de enfermidades, o certo é que o ser humano está a deteriorarala a un ritmo vertixinoso e sen precedente. Segundo o último informe “Evaliación Global sobre a Biodiversidade e os Servizos dos Ecosistemas” do Panel Intergubernamental sobre Biodiversidade dos Ecosistemas (IPBES), un millón de especies animais e vexetais están en perigo de extinción na actualidade, máis que en calquera outro momento na historia da humanidade. Engade o estudo que nas vindeiras décadas extinguirase 1 de cada 8 especies.

A situación en Galicia

En Galicia, a perda da biodiversidade é un dos seus principais problemas ambientais ao que todos os axentes deben facer fronte, e que é a consecuencia, entre outros, pola propagación de especies alóctonas e invasoras (eucalipto, mimosa, etc), de monocultivos que eliminan a biodiversidade vexetal e modifican os hábitats, reducindo polo tanto tamén a biodiversidade animal. Amais, o comercio de especies silvestres e o desequilibrio de poboacións de especies salvaxes (por eliminación de depredadores naturais e polo cambio de usos e o abandono do rural) está a alterar o equilibrio natural e favorece a propagación de enfermidades, como acontece coa peste porcina e o xabaril, ou as enfermidades importadas co visón americano e tartarugas e outras especies exóticas.

A lexislación ambiental e o dereito de ser informados

Como xa se ten comprobado, en toda recuperación económica logo dunha crise, como aconteceu na do 2008, as administracións tenden a primar a produción e o consumo a “calquer prezo”, sobre todo ambiental, fronte a uns modelos económicos máis sostibles e respectuosos co medio. E na nosa comunidade a día de hoxe, o goberno parece que volta mirar para outro lado.

Xa durante o confinamento, e como así denunciaron máis dun cento de colectivos, a Xunta de Galicia deu luz verde á continuidade de tramitación en concreto de 975 proxectos industriais de gran impacto ambiental en pleno estado de alarma (Orde da Consellería de Medio Ambiente do 27 de abril e a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 5 de maio). Os proxectos que se inclúen son vertedoiros, plantas de xestión de residuos, proxectos de parques eólicos e subsestacións eléctricas, liñas de alta tensión, factorías que emiten gases de efecto invernadoiro, etc. Trátanse de proxectos especialmente sensibles e controvertidos que xeran un gran rexeitamento social polas súas características pouco respectuosas co medio, e que a Orde do 5 de maio lexetima á Xunta para aprobalos. Amais de querer axilizar os trámites e prazos destes proxectos no medio do estado de alarma, unha situación que tamén limita os movementos e posibilidades de participación cidadá e organizacións sociais e veciñais para responder a proxectos industriais ou lexislativos de gran impacto.

Nin a crise sanitaria nin a recuperación económica son argumentos válidos para relaxarse en materia ambiental. Así como tampouco se deberían por trabas ao acceso á información ambiental, non só para os cidadáns en xeral, senón tamén ás organizacións e colectivos ambientais, sociais, ecoloxistas, etc, como se ten visto en varias ocasións por parte da Xunta de Galicia. Como no caso das denuncias de asociacións. O goberno galego deixou de informar ás organizacións e colectivos do estado dos expedientes relacionados coas súas denuncias (coincidentes co desmantelamento dos servizos de inspección). Cun breve acuse de recibo das denuncias responden e á vez advirten, amparándose no artigo 62.5 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, que a presentación dunha denuncia non lles outorga “a condición de interesado no procedemento”. Isto é, limitan aos denunciantes a seren informados dos expedientes e que poidan contribuir así a unha mellor inspección ambiental, máis aínda despois do desmantelamento práctico deste servizo, que agora está apoiado basicamente en asistencias técnicas.

Dende a Asociación Galicia Ambiental instamos ás administracións públicas do país a repectar a normativa europea e nacional que ampara o Dereito de Acceso á Información, parrticipación e xustiza en asuntos ambientais (Lei 27/2006, Directivas CE 2003/4 e 2003/35 convenio Aarhus) sistematicamente conculada. Así como tamén pedímoslles non esquecer, ou recuperar en certos casos, a senda do desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente. É urxente que administracións e empresas retomen, á par das medidas “económicas” de recuperación desta emerxencia sanitaria, a axenda para abordar as outras crises “paralelas”: a climática e a perda de biodiversidade: especies invasoras, monocultivos… Os gobernos deben garantir o futuro non só económico senón tamén ambiental, de aí que é preciso impedir a relaxación en materia de lexislación neste senso, e esixir conductas máis respectuosas co medio e fórmulas máis sostibles.

Comparte esta noticia