Os concellos pagarán moito máis pola xestión de lixo en Sogama
Os gobernos de España e de Galicia veñen de “acordar” que a Xunta pasará a xestionar, dende o vindeiro 1 de xaneiro, o imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos. O acordo foi revelado polo Goberno de España, que salientou que a Comisión Mixta de Transferencias entre as dúas administracións non se reunía dende 2009, un ano despois de que se concretasen as últimas grandes transferencias do Estado á Xunta. Así, este traspaso é o primeiro “acordo” alcanzado coa comunidade galega en trece anos. Alfredo González, secretario de Estado de Política Territorial, asegurou que deste xeito o Goberno reafirma o seu compromiso de diálogo permanente e cooperación institucional con todas as comunidades autónomas.
Deste xeito, o Goberno remitirá ás Cortes Xerais o anteproxecto de lei de modificación da Lei 17/2010, do réxime de cesión de tributos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do alcance e condicións de dita cesión. O portavoz do parlamentario do Partido Popular, Pedro Puy, indicou que a cesión do tributo é parcial, mais con algúns elementos de autonomía como a subida dos tipos, que contan cun mínimo fixado e, polo tanto, non poden tocarse á baixa.
En realidade non é máis que dar cumplimento a unha obriga legal derivada da aprobación da Ley de Residuos e Solos Contaminados para unha Economía Circular. Disfrazalo dun traspaso competencial é unha “brincadeira xurídico – institucional” (todas as comunidades autónomas con competencias fiscais van a acceder a este traspaso de tributos / obriga legal de recadación; de feito, Cataluña xa conta e administra esta figura que intenta incrementar a reciclaxe e penalizar vertido e incineración).
Máis aló da relevancia institucional da noticia, está o seu significado: este imposto/taxa abrangue tanto ao uso de vertedoiros como os aplicables a incineración e co-inicineración, única materia na que Galicia vai por diante respecto á media do estado (queima moito máis do que recicla e vai contra principios básicos da economía circular). Europa penaliza (así o traspón a nova Ley de Residuos estatal) o vertido e a incineración, ao obrigar que sexan sometidas a unha taxa que vai encarecer notablemente a xestión do lixo en Galicia (que é unha competencia exclusiva municipal). Xa que logo a Xunta vai verse obrigada a administrar e esixir aos concellos galegos un incremento notable da factura, pola subrogación en Sogama desa obriga municipal no tocante ao tratamento, incrementando os custes tanto polo uso directo do vertedoiro (fracción non tratada) como polos rexeites (fracción “rechazo” de proceso), como polo depósito de cinzas de incineración.
Queda por saber, en función das toneladas declaradas, a canto vai ascender esa taxa/tonelada. No fondo, tal e como expresaba onte o BNG, por boca do deputado Luís Bará: “Trátase dun regalo envelenado e unha emenda á totalidade ao sistema Sogama, ao penalizarse a incineración coma o vertido. Obrígase á Xunta a administrar agora unha nova taxa aos concellos que estes van ter que repercutir aos cidadáns”.