Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Os bosques autóctonos, aliados contra o cambio climático

A substitución das frondosas autóctonas por coníferas en Europa é unha das causas do aumento das temperaturas

As plantacións forestais monoespecíficas, como as de eucalipto, non contribúen a fixar carbono e deterioran os servizos ecosistémicos

27-11-2018

Os bosques autóctonos de frondosas son auténticos aliados contra o cambio climático. Pero cómpre ter presente que non todas as árbores do monte constitúen bosques. As plantacións forestais de monocultivo, como o eucalipto, no canto de loitar contra o incremento das temperaturas mesmo agravan a situación. Así o puxeron de manifesto entidades ecoloxistas na celebración do Día Do Bosque Autóctono, o pasado venres 23 de novembro.

Galicia ten 1,4 millóns de hectáreas de superficie forestal, mais poucas destas masas son bosques autóctonos ben conservados. A substitución das masas forestais e hábitats de monte autóctono (matogueiras, turbeiras, pradarías…) por monocultivos de especies de crecemento rápido é unha práctica que non contribúe a frear o cambio cambio climático e mesmo o agrava. Diversos colectivos ecoloxistas denuncian que as plantacións promovidas pola patronal pasteiro-enerxética como “sumidoiros de carbono” e solución “verde” ao problema da mudanza climática, é unha falacia.

En Galicia coñecemos de primera man as consecuencias da substituir bosques autóctonos por monocultivos de especies de crecemento rápido, como o piñeiro ou o eucalipto. Galicia conta con máis superficie forestada ca nunca, mais tamén a biodiversidade forestal, a fertilidade dos solos e a capacidade de retención da auga diminuíron. En paralelo, disparáronse os lumes forestais e a erosión fíxose máis intensa en amplas áreas de monte.

Deste xeito, o aumento da superficie forestal non ten redundado na mellora dos hábitats naturais de bosque autóctono. Estas masas arboreas provintes de plantacións intensivas son menos biodiversas e apenas reteñen humidade. Ademais, co problema dos lumes que traen aparellado, nestas zonas de árbores degradase o solo en troques de enriquecelo. Estes colectivos recriminan que «esta caste de plantacións forestais nunca poderán ter a consideración de bosques».

Substitución das frondosas autóctonas en Europa

Un recente artigo publicado en Science, conclúe que a substitución das frondosas autóctonas por coníferas en Europa dende 1850 ata a actualidade é unha das causas do aumento das temperaturas. Consideran un grave erro grave erro querer mitigar os efectos do cambio climático con cultivos forestais. Os ecoloxistas inciden en que «o aceno hai que poñelo na redución das emisións».

Os colectivos ecoloxistas tamén poñen o foco sobre o aproveitamento da biomasa forestal, outro dos obxectivos do colectivo monte-industria para os montes galegos e que está a supoñer unha nova vaga de forestación masiva con especies de crecemento rápido. Recriminan que estas prácticas tampouco achegan solucións á loita contra a mudanza climática. Os ecoloxistas denuncian que «un gran número de científicos teñen alertado sobre as implicacións do uso masivo da biomasa forestal primaria, dos cultivos enerxéticos, para producir enerxía. Mesmo o proceso plantación, recolección e queima masiva de plantacións forestais en centrais de biomasa podería xerar máis carbono por kw que algúns combustibles fósiles».

ILP do bosque autóctono

Por estas e outras consideracións, un grupo de colectivos ecoloxistas, entre os que figura Adega, impulsaron unha ILP para a mellora dos bosques autóctonos. A proposta tamén abrangue a racionalización dos usos do monte e a loita contra os lumes forestais e a mudanza climática. Porén, a proposta foi rexeitada polo Partido Popular no Parlamento Galego. Para os promotores da proposta «a planificación da Xunta de Núñez Feijóo pasa por máis eucaliptos, máis biomasa e consecuentemente máis erosión, incendios e secas. Xa estamos a sufrir os efectos desta política suicida, que en poucos anos farán de Galicia (se non o é xa) a “Galifornia” de Europa.»

Consulta aquí o artigo completo publicado por Science sobre o substitución do bosque autóctono en Europa.

Comparte esta noticia