Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O pleno rexeita unha moción do PSdeG que insta a revisar o modelo Sogama

O pleno do Parlamento de Galicia deste martes ven de rexeitar unha moción do grupo parlamentario socialista (co voto en contra do Partido Popular) que instaba á Xunta a desenvolver as propostas da Estratexia Galega de Economía Circular, revisala e incluír nela “unha alternativa ao modelo de incineración de Sogama”.

Paloma Castro (PSdeG), quen defendeu a moción, reclamou ao Goberno autonómico que “deixen os postureos” e “aposten por unha economía circular” antes de superar o “punto de non retorno ambiental”. A parlamentaria socialista puxo como mostra o modelo de xestión ambiental da Xunta ou modelo Sogama que, na súa opinión, “aposta pola incineración e o vertedoiro”. Segundo as cifras da propia Sogama correspondentes ao ano 2020, “o 57% das verteduras foron incineradas e o 25% foi enviado a vertedoiro”, detallou.

O deputado do BNG, Luís Bará, cuestionou que a estratexia da Xunta neste ámbito pase por “crear ecopolígonos industriais”. “Será que os van a pintar de verde?”, ironizou o nacionalista para continuar instando o Goberno galego a “aprender dos comedores circulares de Inditex”, o que provocou comentarios e xestos por parte da bancada popular. Así mesmo, a parlamentaria do grupo popular, María Sol Díaz Mouteira, defendeu que Galicia “ten unha estratexia en economía circular» e aproveitou para demandar ao Goberno central que amplíe o alcance e a dotación do Perte de Economía Circular para que “teñan cabida os proxectos tractores da Xunta”.

Comparte esta noticia