Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O medio ambiente, un factor determinante na saúde das persoas

A saúde das persoas está altamente relacionada co estado do medio ambiente. Segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, as contornas naturais de calidade ofrecen necesidades básicas, como aire e auga limpos, terras fértiles para a produción de alimentos e enerxía para a produción. O acceso a espazos verdes ofrece tamén importantes oportunidades de ocio e apoia o benestar. Ademais, a saúde da poboación está altamente afectada apolo cambio climático, mediante ondas de calor, inundacións e cambios na distribución de enfermidades transmitidas por vectores.

No seu informe “A prevención de enfermidades mediante un medio ambiente san”, a Organización Mundial da Saúde (OMS) informa sobre a cantidade de enfermidades que poden evitarse mediante a redución de riscos ambientais. Así, a mellora de calidade do medio ambiente en áreas esenciais como o aire, a auga e o ruído pode evitar certas enfermidades e, como consecuencia, mellorar a saúde humana. Por outra banda, a OMS estima que unha de cada catro enfermidades no mundo pode estar relacionada con factores ambientais; ademais, revela que arredor do 20% das mortes no continente europeo están relacionadas con problemas derivados da degradación do medio ambiente.

Factores medioambientais que inflúen na saúde

Segundo a Fundación Aquae, a saúde ambiental relaciónase con todos os elementos físicos, químicos e biolóxicos externos a unha persoa que inciden na súa saúde. Coñecer estes tres factores axuda a “tomar medidas para coidar e protexer a natureza e a nós mesmos”.

En canto aos factores físicos, poden ser atmosféricos ou sidéricos. A contaminación atmosférica ou os cambios bruscos de temperatura poden provocar no ser humano problemas respiratorios, maior propensión a desenvolver alerxias, complicacións musculares e óseas, etc. Por outra banda, factores como as precipitacións, a himidade, a presión atmosférica ou o vento son manifestacións naturais que poden influír na saúde das persoas. Malia que o ser humano teña capacidades para adaptarse a esas manifestacións, o problema reside cando estes fenómenos son máis extremos debido a alteracións do medio ambiente. A contaminación ambiental supón un impacto negativo sobre a nosa saúde.

Por outra banda están os factores químicos, pois podemos atopar substancias químicas no aire, na auga, no solo e incluso nos alimentos que consumimos. Polo tanto, son elementos que podemos absorber a través do sistema nervioso, chegando tamén ao noso organismo polo aparello dixestivo ou pola pel. Ademais, a Fundación destaca que a contaminación da auga é unha das problemáticas máis relevantes, pois a súa alteración debido aos axentes contaminantes chega ao ser humano e altera a súa saúde. Así, “coidar da auga é coidar o noso benestar”.

Entre os factores biolóxicos atópanse animais, plantas e microorganismos (bacterias, virus, parásitos, alérxenos…). O carácter natural destes factores implica que o ser humano estará exposto a eles dun xeito ou outro debido á convivencia. Porén, a alteración do medio ambiente pode provocar, por exemplo que a extensión dos virus sexa máis agresiva.

Principais efectos na saúde atribuíbles a factores ambientais

Segundo o Ministerio de Sanidade, existen un certo número de efectos sobre a saúde provocados por factores medioambientais. Por unha parte, están as enfermidades respiratorias, pola contaminación do aire en ambientes cerrados ou ao aire libre; trastornos neurolóxicos do desenvolvemento, polos metais pesados e os contaminantes orgánicos persistentes; o cancro infantil, por unha serie de axentes físicos, químicos e biolóxicos; a exposición ao fume do tabaco durante o embarazo; o efecto dos plaguicidas sobre a situación inmunolóxica e os procesos endocrinos; a radiación ultravioleta, que pode reprimir a resposta inmunolóxia e constitúe unha das principais fontes de cancro de pel; e a exposición a niveis de ruído elevados preto das escolas pode influír de forma negativa sobre a aprendizaxe do alumnado.

Así, a nosa “dependencia absoluta do medio ambiente” fai que sexamos vulnerables aos grandes cambios ambientais, como o cambio climático, un proceso que ten importantes consecuencias sobre a saúde das persoas. Este factor pode ser orixe de severas alteración nos ecosistemas e na saúde das poboacións humanas.

Impactos da mellora do medio ambiente na saúde as persoas

Segundo o Pacto Mundial das Nacións Unidas, existen unha serie de impactos na saúde das persoas debido á mellora do medio ambiente: a atenuación do cambio climático, pois o control da temperatura global repercute directamente na mortalidade relacionada co calor e nas enfermidades transmitidas por vectores, diminuíndo a súa frecuencia e propagación; a redución das emisións de GEI e da contaminación atmosférica, pois este tipo de contaminación aumenta o risco de padecer enfermidades respiratorias agudas; a mellora da calidade da auga, o saneamento e a hixiene, que repercutiría de forma considerable na saúde das persoas, axudando á súa hidratación e previndo o risco de contaxio de enfermidades; e a mellora da biodiversidade grazas a unha agricultura e unha reforestación sostibles para facer fronte aos problemas de malnutrición e reducir o impacto das enfermidades respiratorias.

Comparte esta noticia