Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O hidróxeno: Solución enerxética ou ilusión?

O hidróxeno é un elemento químico que leva un tempo postulándose a ser a enerxía do futuro que nos salve cando se acaben os combustibles fósiles... pero as cifras non dan e a sustentabilidade está cada vez máis en entredito e os “megaproxectos” cada vez ofrecen menos garantías de futuro. Nun proceso de electrificación total da económico hidróxeno, como hai máis pasos eléctricos para chegar ao uso final é máis ineficiente que calquera electrificación directa. Por tanto, todo o que se poida electrificar directamente débese electrificar directamente”. Deste xeito se pronuncia un dos expertos e divulgadores do hidróxeno máis recoñecidos, Marcos Rupérez Cerqueda en entrevista no podcast El Pluralizable, producido por Galicia Ambiental. Marcos Rupérez é enxeñeiro industrial de I+D especializado en enerxías renovables, Máster en Pilas de Combustible e Tecnoloxías de Hidróxeno pola Universidade de Aalborg, Dinamarca.

O hidróxeno é unha molécula combustible, que é un gas que se pode xerar partindo da utilización de da electricidade. É dicir, utilizando auga, aplicarlle electricidade e converter parte dela electricidade nun gas combustible. O que se fai é transformar enerxía eléctrica en enerxía química que pódese almacenar e darlle outros usos. E, por tanto, postulada a ser unha forma de utilización das enerxías renovables no que se lle deu en chamar “hidróxeno verde”.

Un exemplo é a instalación de paneis fotovoltaicos ou eólicos para crear electricidade. “Esa electricidade limpa aplicala á auga, xera hidróxeno e permite almacenar esa enerxía eléctrica, porque de non facelo, teríase que consumir no momento no que se xera nun gas. Este, que ten maior densidade enerxética, pódese levar a outros sitios, e, ademais, cando combustiona non xera CO². Desta forma, conseguimos que as enerxías renovables poidan ter usos que sería difícil que tivesen doutro xeito. A partir de aí teriamos que ver que usos ten este gas e que se podería facer con el e que usos teñen sentido ou non por diferentes razóns”, expón Rupérez.

Hoxe en día o 3% de uso de enerxía no mundo xa se fai en hidróxeno gris, que vén do gas natural, a través dun proceso no que rompe a molécula do gas natural e xérase CO² no proceso. Os principais usos que podería ter o hidróxeno son aqueles usos que requiren hidróxeno especificamente como insumo, isto é, na industria dos fertilizantes, que utilizan amoníaco fertilizado da industria do metanol; a industria química; e a industria dos fósiles, porque, ás veces, os combustibles fósiles, para xerar novas moléculas, requiren hidroxenarse, é dicir, engadir moléculas de hidróxeno ás moléculas que proveñen do cracking do petróleo.

Rupérez condiera que estes usos (por sustitución) son os que van ter sentido co hidróxeno verde. Este é un hidróxeno que xa consumimos e que, se queremos facer unha transición a cero emisións, “é un hidróxeno que seguiremos consumindo ou unha parte de el” e, por tanto, “se hai que descarbonizalo, hai que facer hidróxeno verde xa que non habería outra solución posible”.

A partir de aí teriamos que pensar noutros usos como os sociais nos que o hidróxeno verde podería substituír a combustibles actuais. Aí é cando se empeza a cuestionar máis en que usos usalo, ao que enuncia o experto que será onde xa non sexa necesario queimar algo. Un exemplo diso sería cambiar nas vivendas as caldeiras nas que se queima gas natural por bombas de calor, que parten de enerxía eléctrica. “A vasta maioría dos usos que hoxe en día son combustible fósil e que poderían cambiarse por hidroxeno, non van ser hidroxeno só, senón que van ser uns nichos moi concretos”, explica Rupérez, pois o hidróxeno necesita doutros elementos como a electricidade para funcionar.

Interese das empresas

Marcos Rupérez foi coñecedor do hidróxeno desde o principio da súa carreira, pero non puido traballar neses anos con el por falta de medios nas empresas, ningunha expúñase a creación de algo usándoo, nin tampouco había ningún interese niso. Cando empezou a traballar co hidróxeno, cando acabou o seu máster en Pilas de Combustible e Tecnoloxías de Hidróxeno en 2009, pensou que habería algún interese polo tema, pero este estaba moi focalizado na mobilidade dos coches a través do hidróxeno nun programa da empresa General Motors …algo moi diferente ao que hai agora. Pero isto só durou ata que General Motors deixou de ter interese, alá por 2011, que pechou a súa sección de hidróxeno. Agora é diferente, e está máis enfocado ao mercado enerxético e das enerxías renovables.

A mediados de 2020, empezouse a poñer o foco por primeira vez como un elemento posible e como unha solución na vía da descarbonización. Moitos pensan que esta cuestión vén por parte da Unión Europea, pero Marcos Rupérez está en desacordo con esta afirmación como profesional do sector. El cre que este cambio máis que da UE vén dos grandes empresarios do sector privado que “dominan o mundo”, son persoas que teñen unha “visión global” de como é a sociedade e a relación dos humanos co medioambiente e coa economía.

Engade que xa hai un tempo que estes empresarios déronse conta que o nivel de volume de crecemento, en base aos fósiles que temos hoxe en día, non é posible e que había que cambiar de modelo, algo que é bastante difícil xa que non está claro que podamos vivir sen fósiles. Estes homes queren cambiar iso e que gran parte das enerxías partan do hidróxeno, cousa que Rupérez non ve totalmente posible, polo menos non na súa totalidade senón nunha pequena porción.

Para iso, hai que comprender que “o hidróxeno non é máis que unha maneira de electrificar a economía, que non é máis que converter consumos que hoxe en día non son eléctricos ou directa ou indirectamente eléctricos”. De tal forma que, “como hai máis pasos eléctricos para chegar ao uso final é máis ineficiente que calquera electrificación directa. Por tanto, todo o que se poida electrificar directamente débese electrificar directamente, non só en termos do hidróxeno senón tamén noutros por exemplo as bombas de calor das que falabamos anteriormente”, expón Rupérez. E engade, “a clave é que entre hidróxeno onde outras formas de dar enerxía non poidan chegar, porque é unha realidade que queiramos ou non vai suceder”.

Segundo explicou, o diñeiro público vén motivado polos lobbies gasistas que queren seguir manténdose e aposta polo hidróxeno, meténdoo no negocio do gas natural para seguir facendo diñeiro e manter o negocio, aínda que sexa máis ineficiente. Desta forma, Europa se lucra dun lobby que di cara a onde quere seguir crecendo, un lobby moi grande dun xigante como son os gasistas que non queren morrer e que coa transición enerxética están condenados a morrer. Tal e como aclara, o principal lobby que quere o hidróxeno son os gasistas máis que as petroleiras, porque as empresas dos países que son, ben comercializadoras ben as propietarias da rede de gas, as que están no mercado do gas natural, van ver decrecendo o seu negocio ou desaparecer. Se á maior parte do uso final que se lle dá ao gas natural que é en caldeiras, normalmente en vivendas ou en industrias, van pasar a ser bombas de calor, pois a rede de gas natural vai verse empequenecida, en contra parte da rede eléctrica que vai verse engrandecida.

Europa, no últimos catro anos, realizou un desembarco de fondos públicos, unha elaboración inxente de plans e normativas relacionadas coa transición enerxética, o que fixo que sexa unha situación un tanto tensa. De súpeto vimos unha gran aposta por esta “enerxía” ou “forma de xestionar as nosas necesidades e solucións enerxéticas”, cando realmente o que se fixo é poñer en mans de quen xa tiña outras enerxías nas súas mans o desenvolvemento desta. É dicir, que se creou en base a subvención non en base a unha “apetencia real” por esta liña de traballo.

O problema é que, dende o punto de vista de Rupérez, “o hidróxeno entendeuse mal” porque se entendeu como un “imos coller e a xerar hidróxeno e logo xa veremos para que se usa”, o cal era lóxico pensalo cos fósiles que era sacalos do chan, pero o hidróxeno é ao revés, é unha ferramenta”. O que hai que ver é que cousas queremos facer como sociedade e imos ver como montar a loxística enerxética para facelo posible, non ao revés.

H2Med

O H2Med é o primeiro corredor de hidróxeno verde da UE que faría posible o transporte desde España de 2 millóns de toneladas ao ano. Isto está exposto para intercambialo con países como Francia, o cal lembremos que diverxe tanto en políticas como en intereses con España. Rupérez, non o ve como algo posible xa que “polo momento non hai nada que intercambiar, porque sería cambiar expectativa por expectativa”. Non entende que o goberno se expoña exportar un gas que hoxe en día aínda non existe na sociedade. “Fixemos un plan no que o hidróxeno en España vai ser non se cantos gigavatios e como supoñemos iso xa supoñemos que haberá excedente co que poder comerciar”, polo que se estarían gastando o diñeiro por unha especulación.

Polo momento, pensa que hai que buscar un uso do hidróxeno racional, coherente, de proximidade, eficiente nos usos primordiais e nos que achegue máis valor, e logo xa veremos, que isto pode ser dentro de 20 anos se é que isto xa leva e pódese comerciar. “Queremos correr porque se nos bota encima o cambio climático e estánllenos acabando os combustibles fósiles, pero a tecnoloxía leva os seus pasos e aínda non fixemos os deberes”, declara. Habería que entender tamén que igual tecnoloxicamente non é posible manter o nivel de malgaste enerxético que facemos agora.

Que é o que nos espera en 5 anos?

Dentro duns cinco anos conclúe o período que nos conduce ata os obxectivos da Axenda 2030 no que se supón que eses obxectivos, que agora están marcha, deben estar cumpridos. En apenas 5 anos dá a impresión de que percorremos moitísimo camiño cando probablemente non é tan certo como puidese parecer, cousa que Rupérez confirmounos. Segundo expuxo, “mediáticamente dá aparentemente a sensación de que avanzamos moito no camiño renovable, é unha sensación mediática, non a realidade”.

“O 80% da enerxía que consumimos en España non é nin sequera eléctrica, e o único que estamos a facer é incrementar moito a porcentaxe de enerxía renovable eléctrica ata unha porcentaxe do 40-50% máis ou menos, que en realidade sería o 50 do 20, co cal é o 10% de todas. Estamos a anos luz, e avanzariamos un 3% nos últimos 5 anos”.

Segundo a súa análise da situación, nos próximos 5 anos imos dar conta disto e o que vén vai ser terrible, porque “nos contaron que a transición enerxética vai ser fácil, barata e imos manter noso mesmo modo de vida e nivel de consumo, e só imos cambiar a enerxía primaria por renovables”. Aclara que a primeira tarefa simplificouse ao incorporar máis fontes de enerxía renovable á rede, pero estas son intermitentes e non xestionábeis. A estabilidade da rede débese aos fósiles e ás cargas rodantes, que xeran a frecuencia da rede.

Ademais, a enerxía renovable viuse afectada pola preocupación doutros por garantir a dispoñibilidade constante de electricidade. E o problema é que os empresarios enerxéticos só usan a rede de maneira oportunista e colócana cando hai sol ou vento, o que fai que as renovables sexan económicas. “Pero a oportunidade acabouse, ás horas solares en España a electricidade foise a cero. E a xente decatouse de que se acabou, por iso o interese no hidróxeno, porque se están buscando outras formas de continuar co desenvolvemento de renovables, pero outras formas que van ser moito máis caras”, admite.

A inflación no eido enerxético se debe á falta de combustibles fósiles no sector e que, no próximos cinco anos, darémonos conta de que o plan que implementamos debe ser substituído por outro debido á urxencia da substitución por razóns ambientais dos combustibles fósiles, e a necesidade de afastalos da nosa sociedade. O interese desmedido polo hidróxeno só é un síntoma de que tamén co hidroxeno imos dar conta de que tampouco vai cumprir coa expectativa, de que non vai poder facer a función que lle asignamos senón outra, pero capaz de satisfacer só un pequeno anaco do pastel.

Comparte esta noticia