Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O Grupo Naturalista Hábitat celebra o XI Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”

O Grupo Naturalista Hábitat xunto con EMALCSA celebra a súa 11ª edición do certame de Debuxo da Natureza. O obxectivo principal destas organizacións é implicar á poboación a que teñan contacto coa contorna que lles rodea e consolidade na cidadanía unha corrente de interese polo coñecemento e a conservación do patrimonio natural. Para iso, crearon este certame de debuxo no que o protagonista será a flora, a fauna e a xea que nos podemos atopar no espazo natural protexido do encoro Cecebre, que está integrado na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e as cuncas dos ríos Mero e Barcés.

Nesta nova edición do certame centraranse especies que podemos ver no Encoro de Abegondo-Cecebre nas diferentes estacións do ano. Empezarase co “Outono no Encoro” xa que é unha época de transición entre o verán e o inverno, na que a flora e a fauna comeza a prepararse para os meses máis fríos do ano. Desta forma, tanto os participantes como os espectadores do concurso poderán descubrir as especies que aproveitan esta época para visitar o encoro, ou aquelas que volven nos meses que as nubes traen auga de novo ao encoro tras a calor do verán.

A participación é de balde e aberta para todo o mundo, xa que non se require ningún coñecemento nin aptitudes en ilustración, só piden que a xente que decida anotarse teña ganas de participar e pasarllo ben pintando sobre a natureza. Hai dúas categorías no concurso que se dividen en maiores e menores de 14 anos, así como premios para as obras máis salientables entre os que está optar a formar parte no Calendario 2024 do Grupo Naturalista Hábitat. E ademais, as obras expoñeranse na sede de EMALCSA. A data límite para enviar os debuxos é o 30 de xuño de 2023.

O documento das bases reguladoras atópase na súa páxina web: https://gnhabitat.org/xi-certame-de-debuxo-da-natureza-vida-silvestre-do-encoro-de-cecebre-outono-no-encoro/

Comparte esta noticia