Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O Goberno pon en marcha a campaña de loita contra os incendios forestais

O Goberno deu a coñecer o dispositivo de loita contra incendios forestais para a campaña 2021 para un verán que se prevé máis caloroso do habitual. No que levamos de ano 2021, producíronse 6 grandes incendios, o que supera lixeiramente a media de grandes incendios da última década. O pronóstico de AEMET para os meses de xuño, xullo e agosto indica que practicamente todo o país rexistrará temperaturas máis elevadas dos valores normais para esta época. Un ano máis, o operativo incorpora a máis alta tecnoloxía para axudar na prevención e extinción dos incendios e reducir o seu impacto. A campaña ten lugar tradicionalmente dende o 15 de xuño ata o 15 de outubro e foi deseñada ao longo dos últimos meses polo Comité Estatal de Coordinación (CECOD) no que participan, entre outros, representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO); do Departamento de Seguridade Nacional de Presidencia Goberno; das Direccións Xerais de Policía e da Garda Civil; da Dirección Xeral de Tráfico; da Dirección Xeral de Política de Defensa; e da Axencia Estatal de Meteoroloxía.

 

Ao longo desta campaña, a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior informará diariamente da súa evolución, a través das redes sociais, de comunicados de prensa e da súa páxina web. Ademais, a Axencia estatal de Meteoroloxía, dependente do Ministerio para a Transición Xusta e o Reto Demográfico, publica cada día mapas do risco de incendio segundo variables climatolóxicas e factores como a sequedade do solo, entre outros indicadores.

 

Brigadas de loita contra incendios forestais

 

Aínda que os meses de verán son os de maior risco, os medios de MITECO permanecen activos durante todo o ano, xa sexa en tarefas de prevención ou en labores de extinción naquelas rexións onde o maior risco de incendios se despraza a outras épocas do ano. O MITECO pon á disposición das Comunidades Autónomas aeronaves e medios materiais e humanos, en especial as Brigadas de Loita contra Incendios Forestais (BRIF). Os medios aéreos de gran capacidade do MITECO son operados por personal do 43 Frupo do Exército do Aire, a través dun convenio formado entre o MITECO e o Ministerio de Defensa que leva 50 anos en funcionamento.

 

Son 69 medios aéreos aos que se lle suman 7 unidades móbiles de análise e planificación sobre o terreo e preto de 1.000 efectivos entre técnicos, pilotos e mecánicos das aeronaves, persoal das brigadas forestais e as bases de medios aéreos e traballadores do Ministerio, entre outros. Para conseguilo, o MITECO destinará este ano 85 millóns de euros, sen contar o custo do persoal funcionario. A actividade deste dispositivo centralizarase a través do Centro de Coordinación da Información Nacional sobre Incendios Forestais (CCINIF), como encargado de dirixir o operativo nacional durante todo o ano. O CCINIF conta cun equipo humano moi experimentado e está dotado de texnoloxía para dispoñer de información esencial para a toma de decisións. Dende este centro xestiónanse as peticións de apoio que realizan as comunidades autónomas e incluso outros países, enviando os medios de apoio necesarios aos diferentes incendios.

 

Unidade Militar de Emerxencias

 

Por outra banda, a Unidade Militar de Emerxencias, baixo a dependencia funcional do Ministerio do Interior, aporta 1.400 efectivos en intervencións de ataque directo ao lume e outros 1.500 en funcións de apoio loxístico, xunto aos correspondentes medios materiais, tanto terrestres como aéreos. A activación desta capacidade extraordinaria do Estado realízase pola Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias a través do Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias, CENEM, a petición das Comunidades Autónomas cando se vexan desbordadas nas súas capacidades. O dispositivo do Estado complétase coas actuacións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (vixilancia, prevención e investigación) e da Dirección Xeral de Tráfico (dar información). Dende o CENEM realízase un seguimento continuo das situacións declaradas e ofrécese información actualizada a todos os Órganos implicados.

Comparte esta noticia