Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O Concello de O Grove e a Asociación Galicia Ambiental desenrolaran actividades de divulgación e extracción de especies invasoras

O Grove, 15 de maio de 2023. Alumnos de quinto e sexto do CEIP As Bizocas de O Grove participaron hoxe na primeira das actividades promovidas polo Concello de O Grove e a Asociación Galicia Ambiental, dentro da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras - #SEI2023. A participación meca nesta iniciativa, pasa pola organización de charlas informativas sobre o risco para a biodiversidade local das especies vexetais alóctonas invasoras, dirixida aos máis cativos, no marco desta semana internacional. Logo da semana de charlas, o sábado 21, na Illa da Toxa, terá lugar a actividade de voluntariado, unha acción de extracción de invasoras e sensibilizadora, que se realizará sobre unha zona de afectación do dominio público marítimos – terrestre sobre unha ampla zona “ocupada” pola especie invasora Carpobrotus edulis, popularmente coñecida como Uña de gato.

A realización da acción de eliminación servirá para mostrar aos voluntarios como realizar traballos de eliminación, evitando impactos reseñables sobre a zona na que se actúa e, sobre todo, evitando a dispersión de sementes ou perigo de que estas agromen noutros lugares.

Por razóns de “sensibilidade” do espazo natural onde se actúa, o grupo que terá a oportunidade de formar parte desta actividade será reducido e preseleccionado entre os participantes nas charlas previas o vindeiro venres. Ademais contarase con representantes das dúas organizacións convocantes, o Concello do Grove e a Asociación Galicia Ambiental.

RISCOS DAS INVASORAS

As especies exóticas invasoras representan unha das principais ameazas para a biodiversidade e os servizos asociados dos ecosistemas, especialmente naqueles ecosistemas xeográfica e evolutivamente illados, como as illas, penínsulas... Os riscos que ditas especies representan pódense intensificar debido ao aumento do comercio global, o transporte, o turismo e o cambio climático.

Das 192 especies invasoras rexistradas en Galicia, o 58% son plantas, na súa maioría introducíronse a través da xardinería, para un uso ornamental e paisaxístico e outras cun obxectivo comercial. Moitas destas especies levan tanto tempo asentadas na comunidade que parecen autóctonas aínda que non o sexan e incluso foron descatalogadas como invasoras por intereses comerciais. As especies exóticas invasoras que son consideradas máis ameazantes en Galicia son: a Acacia mimosa, chamada falsa Acacia, a Cana, a Herba Campa, a Sempreviva, a Uña de Gato e o Xunco Xigante.

As especies invasoras son unha das principais ameazas para a biodiversidade a nivel mundial e causan outros importantes impactos ambientais e socioeconómicos. No ámbito dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a meta 15.8 prevé a aplicación de medidas para evitar a introdución e reducir significativamente o impacto de especies exóticas invasoras nos ecosistemas terrestres e acuáticos, así como para controlar ou erradicar especies estas. Os cidadáns teñen un papel relevante non só na prevención das invasións biolóxicas, senón tamén na mitigación dos seus impactos. Non obstante, estes problemas aínda son descoñecidos para gran parte da poboación. Neste contexto, a #SEI2023 pretende contribuír a aumentar o coñecemento e a concienciación sobre as especies exóticas invasoras.

Información sobre a iniciativa en : https://www.speco.pt/pt/iniciativas/semana-sobre-especies-invasoras-2023

Mapa de actuacións: https://airtable.com/shr7leskr7TSWozxg/tblC16xnnfE7rKNW7/viw2CddwRd0HnSBuP?blocks=bliqOr8KoybQYNtEw&bip=full

Comparte esta noticia