Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


O autoconsumo enerxético, materia pendente da sostibilidade en Galicia

Cos montes copados de eólicos en Galicia, propiedade de grandes corporacións e entidades financeiras, segue pendiente o anunciado fomento do autoconsumo (fotovoltaico e minieólica) especialmente en pequenos núcleos, á par que a redución de consumo fósil (en favor da electrificación). Case a metade dos municipios españois con máis de 10.000 habitantes ofrecen descontos no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) se se instala autoconsumo fotovoltaico. Non é o caso de Galicia. O número de concellos que ofrecen bonificacións no IBI incrementouse nun 6% con respecto ao ano pasado. Un 29% dos municipios continúan sen aplicar bonificacións nin para o IBI nin para o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO).

 

Así, o 47% dos municipios españois de máis de 10.000 habitantes ofrece bonificacións no IBI para as instalacións de autoconsumo, é dicir, un total de 634 municipios que representan o 67% da poboación residente nos 759 municipios analizados (25.245.297 habitantes). É o resultado da actualización do informe publicado en xuño de 2020 no que se avaliaban os diferentes incentivos e deducións fiscais nas normativas locais dos municipios españois de máis de 10.000 habitantes, actualización que presentou o pasado 24 de xuño deste ano a Fundación Renovables, en colaboración con OTOVO. A elaboración deste informe responde á necesidade de favorecer, apoiar e promover a instalación de sistemas de autoconsumo fotovoltaico, polo que foron actualizadas as bonificacións fiscais que existen na actualidade sobre o IBI e o ICIO ata a data da publicación do documento.

 

En Galicia, unicamente dous municipios incorporaron unha bonificación sobre o IBI do 50%: Culleredo e Lugo. Con respecto ao ICIO, Ordes incorporou un desconto do 50% e Ponteareas un do 75%. Porén, en Pontevedra esta bonificación sufriu unha diminución dun 25%, xa que actualmente ten un valor do 50% en comparación co 75% anterior. Galicia é unha das comunidades autónomas que ten unha porcentaxe de poboación con bonificación sobre o IBI menor (un 35%), por enriba de Navarra, Cantabria e Extremadura. O territorio galego comparte este resultado coa Rexión de Murcia, que se atopa na mesma situación.

 

Ademais, o informe revela que son 258 municipios os que ofrecen ambas bonificacións de forma simultánea, o que supón un 34% do total dos municipios. Isto afecta a un 54% da poboación española estudada (20.394.726 habitantes). Por outra banda, 223 municipios non ofrecen ningunha bonificación (o 29% do total). O informe tamén expón que algúns concellos teñen condicións administrativas ou técnicas tan restritivas para a obtencións da bonificación (especialmente no caso do IBI) que fan moi complicado o acceso a elas. Polo tanto, inclúese un listado de boas prácticas administrativas co obxectivo de optimizalas, que van dende a mellora das ordenanzas ata a tramitación telemática das instalacións de consumo.

Comparte esta noticia