Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


LIFE EcoTimberCell, un proxecto que potencia a madeira de orixe local na construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, ven de poñer de relevo os avances cara á sustentabilidade na construción conseguidos polo profecto LIFE EcoTimberCell. Na iniciativa participan, entre outros, a Plataforma da Madeira Estrutural (Pemade) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa que XERA asinou o convenio en 2019 para potenciar a madeira na construción e poñer en valor as especies locais. Trátase dun convenio vixente deica este ano 2022 ao que a XERA aporta preto de 400.000 euros.

O directou subliñou que este proxecto buscaba “explorar a cadea de valor local e facilitar a produción baixa en carbono e transformación da biomasa en reservas de carbono a longo prazo, de cara á substitución de materiais derivados das industrias de uso intensivo enerxético, como o formigón e o aceiro”. Ademais, puxo en valor que os sistemas desenvolvidos se baseasen en madeira certificada de orixe local, para aportarlle maior valor engadido, aforrar enerxía, reducir a demanda enerxética no uso dos edificios e diminuír a xeración de residuos de construción.

Segundo celebrou Jacobo Aboal, a iniciativa supuxo a creación da célula ecotimbercell, un sistema estrutural ecolóxico formado por pequenas pezas de madeira serrada conectadas por un taboleiro de fibras por hardboard e onde a lignina presente na propia madeira actúa como adhesivo natural. O aforro de material desta solución respecto á tradicional viga de madeira maciza é do 85%. Ademais, no seo da USC creouse a consultora TimberSoul by Cándido Hermida SL, que comezou neste 2022 a súa actividade empresarial especializada en construción en madeira e coa vocación de fabricar e comercializar os sistemas estruturais EcoTimberCell.

Comparte esta noticia