Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Greenpeace insta á Xunta de Galicia a pór en marcha canto antes a moratoria á gandería industrial

Greenpeace mantivo hoxe unha xuntanza coa Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta de Galicia para tratar o que cualifican como » grave situación da contaminación provocada, principalmente, pola gandería industrial na comarca da Limia». Esta reunión enmárcase dentro da campaña #FalaRural na que Greenpeace vén denunciando, entre outras cousas, os graves danos ambientais da gandería industrial, e xorde a raíz do informe «Coren contra Manuel» presentado por Greenpeace en novembro de 2020.

A Dirección Xeral informou de que están a estudar a posibilidade de pór en marcha en toda Galicia unha moratoria á gandería industrial, unha das principais demandas da organización ecoloxista. Ademais, informouse de que xa se mantiveron as primeiras conversas cos concellos máis afectados por este problema e coas organizacións agrarias, e que existe vontade para desenvolver esta iniciativa, que non ven como un problema, senón como unha oportunidade para ir cara a un modelo máis sostíbel.

“Acollemos con satisfacción a nova” afirmou Luís Ferreirim, responsábel de agricultura de Greenpeace España. “Esta sería a segunda moratoria rexional, despois da de Navarra, polo que pedimos que se faga canto antes e que outras comunidades autónomas tomen tamén exemplo, porque é máis que necesario”.

“Dende Greenpeace pedimos que a elaboración dos termos e requisitos da moratoria galega á gandería industrial se faga axiña e que conte coa participación dos axentes sociais. Dende logo, ofrecemos desde xa a nosa colaboración”, concluíu Manoel Santos, coordinador de Greenpeace en Galicia.

Comparte esta noticia