Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Galicia recolleu máis envases de vidro en 2020 que en 2021

A recollida de envases de vidro alcanzou os 69.980.050 quilos en 2020, 6.334,378 máis que en 2021 (63.645.672 quilos). Son datos de Ecovidrio, entidade dedicada a xestionar a recollida selectiva de residuos de envases de vidro en España. Neste sentido, A Coruña contaba con 6.804 contedores en 2020 e con 6.951 en 2021; no caso de Lugo, os datos apuntan 2.550 e 2.626; en Ourense, 2.226 e 2.235; e en Pontevedra, 5.390 e 5.561. No relativo aos envases de vidro recollidos, A Coruña contaba con 20.265.990 quilos en 2020 e 20.886.420 quilos en 2021; en Lugo os datos recollen 5.107.890 e 5.495.014; en Ourense, 4.785.830 e 4.856.628; e en Pontevedra, 16.726.720 e 17.134.980. Os datos de Ecovidro tamén recollen a sección “complementaria” (2.493.450 en 2020 e 2.358.500 en 2021) e “residuo urbano” (20.600.170 en 2020 e 12.914.130 en 2021). Malia que en 2021 hai un número maior de colectores (17.373) que en 2020 (16.970), a cantidade de envases de vidro recollido é menor que o ano anterior. Tendo en conta os datos de Ecovidrio, a provincia que aumentou máis número de contedores entre 2020 e 2021 foi Pontevedra (171 contenedores máis), seguida de A Coruña (147), Lugo (76) e Ourense (9). En canto aos envases de vidro recollidos, a provincia que máis aumentou a recollida entre os dous anos foi A Coruña (610.530 kg máis), seguida de Pontevedra (408.260), Lugo (387.124) e Ourense (70.798). Por outra banda, Ecovidro tamén indica estes datos nos distintos municipios de Galicia. Destacando os principais municipios ou cidades galegas, cabe destacar que A Coruña recolleu 3.717.800 quilos en 2020, mentres que en 2021 recolleu 3.896.490; no caso de Ferrol, os datos apuntan a 757.940 e 809.660; en Santiago de Compostela, 1.874.450 e 2.114.040; en Lugo, 1.115.370 e 1.126.240; en Ourense, 1.414.460 e 1.392.710; en Pontevedra, 1.165.340 e 1.162.170; en Vigo, 4.049.230 e 3.846.090; e en Lalín, 390.350 e 495.520. Ademais, os datos tamén abarcan os ratios de recollida por provincia (datados de 2019) en quilos por habitante. Neste sentido, os datos son os seguintes: 18,6 quilos por habitante en A Coruña; 16,9 quilos por habitante en Lugo; 15,9 quilos por habitante en Ourense; e 18,1 quilos por habitante en Pontevedra. Cabe destacar que o total a nivel nacional sitúase en 18, quilos por habitante. Polo tanto, todas as provincias galegas se atopan por debaixo da media nacional.

Comparte esta noticia