Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Galicia prepárase para a XVIII Xornada de Limpeza Simultánea de Ríos este domingo

O vindeiro domingo 29 de setembro, Proxecto Ríos e ADEGA levarán a cabo a XVIII Limpeza Simultánea de Ríos "Móllate polos ríos” en 56 concellos de toda Galicia. Más de 70 entidades, incluíndo asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas e centros educativos, participarán nesta iniciativa, algunhas delas participantes habituais nestas xornadas de limpeza.

Nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social, espérase que unha gran cantidade de persoas “se mollarán polos ríos”, realizando limpezas simultáneas de ríos nos 56 concellos participantes co obxectivo de mantelos libres de lixo. Así mesmo, o venres 27 de setembro, tamén haberá limpezas simultáneas nas que participará alumnado dos centros educativos.

A iniciativa está financiada por Augas de Galicia, a Deputación da Coruña e a Confederación Hidrográfica Miño Sil. Desde a organización informan que calquera persoa que desexe participar no voluntariado ambiental pode unirse á limpeza dos ríos contactando ás entidades locais que realicen limpezas na súa comunidade.

No caso de que os grupos que aínda non estean pechados poden acceder á listaxe destes concellos e asociacións organizadoras, así como os seus datos de contacto, nesta ligazón da web de Proxecto Ríos. A Limpeza Simultánea de Ríos se leva a cabo este ano coa colaboración dos Concellos da Estrada, Allariz, Ames, Ares, Cangas do Morrazo, Fene, Gondomar, Meis, Melide, Miño, Moaña, Narón, Nigrán, Ourense, Pontecesures, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Compostela, Soutomaior, Tomiño e Verín.

O obxectivo é "divulgar as chaves para realizar unha actuación ecolóxica nos ecosistemas fluviais". A organización ecoloxista ADEGA distribuirá tamén un Protocolo de Limpeza de ríos, o cal se pode descargar na páxina web de ADEGA.

A actividade forma parte do Proxecto Ríos, coordinado en Galicia por ADEGA, un programa de educación e voluntariado ambiental destinado a difundir o papel crucial dos cursos fluviais, expoñer os seus problemas e promover iniciativas que permitan á poboación participar no mantemento e mellora dos ríos, ao brindarlles ferramentas que lles garantan a súa participación.

Comparte esta noticia