Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Galicia, epicentro do comercio de tiburón a nivel internacional

Galicia sitúase como o epicentro da pesquería de tiburón e das súas descargas nos portos de A Guarda e de Vigo. Segundo Pilar Marcos, responsable da campaña de Océanos de Greenpeace, todo o que se reflicte do comercio de tiburón ten como peza fundamental o porto de Vigo, xa que nesta localización atópase tanto a flota como as empresas. Neste sentido, o informe Tiburones en Extinción: Cómo las flotas pesqueras de la UE impulsan el comercio mundial de tiburones de Greenpeace publicado hoxe con motivo do Día Internacional da Conciencia polo Tiburón, revela que as flotas pesqueiras da Unión Europea de España e Portugal pescan constantemente en zonas de cría de tiburóns no Atlántico Norte utilizando palangre. Ademais, gran parte do mercado reflectido no informe entra polos dous mencionados portos galegos.


Nunha investigación de Greenpeace desenvolvida en maio de 2022, en Vigo e en Horta (Azores), a organización puido constatar a descarga de inmaduros, xuvenís e crías de tiburón azul. O tiburón azul alcanza a madurez sexual a partir dos 180 cm en machos e 200 cm en femias e a organización ecoloxista observou a descarga de tiburóns que medían entre 50 e 70 cm. Non existe ningunha normativa en relación ás tallas mínimas de captura, lonxitude da arte de pesca ou número máximo de anzois no Alántico Norte, xa que esta pesca non está axeitadamente regulada.

A organización ecoloxista lembra que os tiburóns son fundamentais dentro da rede trófica mariña e o seu papel como gran depredador é importante para manter a saúde das comunidades mariñas. Neste sentido, ao desaparecer os grandes tiburóns, prodúcense cambios tróficos imprevistos, o que crea uns ecosistemas máis desequilibrados con depredadores menores sen control. Para concienciar sobre este problema, Greenpeace lanzou un vídeo animado titulado The Lonely Shark, que conta a historia dun tiburón que perde á súa amiga pola pesca con palangre.

Os tiburóns son unha das especies máis ameazadas no mundo, con 17 especies en perigo de extinción como o tiburón marraxo. Trátase dun animal cunhas características biolóxicas que os fan máis vulnerables cunha camada de 4 a 16 crías despois dun período de xestación de 15 a 18 meses e cun ciclo de desova cada 3 anos. Segundo sinala o informe de Greenpeace, tanto científicos como varios países levan máis de 20 anos alertando do perigo para as poblacións de tiburóns que supón a mala xestión das pesquerías baixo supervisión da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT). Para o tiburón azul, a especie máis pescada do Atlántico Norte, a incertidume é tan grande que se descoñece o seu estado actual e unucamente goza dunha cota de pesca en ICCAT difícil de implementar.

Para Greenpeace, ignorar de forma deliberada as recomendacións dos científicos e ecoloxistas levou a que os tiburóns marraxo do Atlántico Norte sexan clasificados como ameazados de extinción. Ademais, as poboacións mundiais de tiburóns desplomáronse un 70% nos últimos 50 anos. Neste sentido, o tiburón pode atoparse en produtos que vai dende peixe baixo diferentes pseudónimos nas pescaderías a alimentos para mascotas e incluso maquillaxe, polo que a demanda mundial de produtos desta especie segue medrando de forma imparable. De feito, continuar co modelo actual de gobernanza dos océanos, onde as organizacións de pesca internacionais xestionen exclusivamente as pesquerías, significa perpetuar o problema ambiental da alta mar.

Comparte esta noticia