Galicia consegue evitar a contaminación de 8.142 toneladas de aceites industriais usados en 2020
2020 estivo marcado pola crise do coronavirus, cuxas consecuencias aínda están moi presentes. Porén, a xestión do aceite industrial non parou. Declarada actividade esencial, o sistema encargado da recuperación deste residuo perigoso en España, SIGAUS, levou a cabo 11.002 operacións de recollida de aceite usado en 293 municipios galegos, nos que se atendeu a 5.231 establecementos, máis da metade talleres mecánicos. Esta xestión evitou a emisión de 4.773 t de CO₂ e aforrou a utilización de máis de 1,3 millóns de barrís de petróleo, seguindo así coa folla de ruta marcada para lograr unha economía máis circular, na que os residuos se converten en recursos. En 2020, SIGAUS garantiu o cumprimento legal e a protección da contorna coa recuperación de 8.142 toneladas brutas de aceite empregadas en Galicia. O 53% dos establecementos nos que se realizou o servizo de recollida foron talleres mecánicos, sendo ademais a actividade de maior xeración de aceite usado nesta comunidade, 3.888 toneladas xeradas. Un gran número de recollidas tivo lugar nunha ampla variedade de actividades, como a industria, a agricultura, a hostalería ou o transporte.
Eduardo de Lecea, director xeral de SIGAUS, fai balance do ano asegurando que “2020 foi o noso ano máis responsable. Cando todo parou, a nosa actividade foi declarada esencial, e decidimos reforzar o noso sitema para seguir axudando ao tecido económico mediante a recollida do aceite usado en toda España. A nosa misión foi asegurar en todo momento a operativa doutras actividades esenciais, e garantiir que o aceite usado non fora un problema engadido, senón un resolto”. Ademais, engade que “máis alá das cifras de xestión conseguidas, este foi o noso gran logro e o noso orgullo neste ano tan complicado”. Así, segundo a entidade, 2020 reafirmou a importancia de contar cun servizo que asegure a xestión do aceite industrial usado no noso país.
Recollida en zonas de especial vulnerabilidade ambiental
Segundo SIGAUS, o aceite industrial é un dos residuos perigosos que se xeran en maior cantidade. Pola súa toxicidade e escasa biodegradabilidade pode ter impotantes efectos sobre a saúde e o medioambiente. Esta peligrosidade, unida á precaria situación económica vivida pola industria xestora deste residuo, levou á entidade a tomar a decisión de aumentar a financación da recollida. Segundo Lecea, “entendimos que unha situación excepcional requería medidas excepcionais. No peor momento, multiplicamos por 6 a financiación da recollida para axudar ás empresas xestoras e asegurar que seguían recollendo o aceite usado en cada rincón de España, por moi lonxe que estivese”.
Dende o punto de vista ambiental, a recuperación deste residuo ten un importante valor engadido en zonas afastadas, onde se atopan a maioría de espazos naturais protexidos, recursos hídricos e unha parte importante da flora e fauna protexidas. De feito, o 72% dos municipios galegos onde se recuperou aceite usado son rurais. Dentro do medio rural de Galicia, en zonas especialmente vulnerables á contaminación recuperáronse 746 toneladas de aceites usados de 598 establecementos. Na contorna de recursos hídricos evitouse o potencial contaminante de 123 toneladas de aceites usados. Por outra banda, a actividade de recollida tamén foi intensa en zonas de montaña ou escasamente poboadas de Galicia, coa prestación do servizo de recollida en 560 e 43 establecementos produtores respectivamente.
Economía circular do aceite usado: de residuo a recurso
Unha vez recollido, o aceite usado é analizado en centros de transferencia onde se determina o destino final para ser tratado a través dos diferentes procesos existentes. Galicia conta con 14 instalacións de xestión de aceites usados. Trátase dun residuo que, sendo ben xestionado, ten valor na súa totalidade e contén importantes recursos materiais e enerxéticos que permiten o seu uso como materia prima na fabricación de novos produtos (como nova base lubricante ou como combustible de uso industrial).
Un 32% do aceite usado neto recollido en Galicia no ano 2020 foi tratado mediante rexeneración, 2.605 toneladas. Un tratamento que extrae do residuo unha base lubricante bálida para a fabricación de novos aceites, evitando ter que recorrer ao refino do petróleo. O volume de residuo destinado a este tratamento permitiu devolver ao mercado 1.631 toneladas de lubricantes e o aforro de case 766.000 barrís de petróleo. E, en termos medioambientais, este proceso fixo posible evitar a emisión de 1.738 toneladas de CO₂ á atmósfera. Os aceites usados que non foron rexenerados tratáronse para fabricar combustible de uso industrial, evitando a utilización de outros combustibles tradicionais como o fuel óleo. A este tratamento se destinaron o ano pasado 5.538 toneladas, evitando así a emisión á atmósfera de 3.035 toneladas de CO₂ e a utilización de case 571.000 barrís de petróleo.