Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Galicia, a segunda comunidade autónoma que xera máis emisións á atmósfera por gandería intensiva

Galicia emite 8,4 millóns de toneladas de CO2 equivalente, un 12,1% do total de emisións. É unha das tres comunidades autónomas, xunto a Cataluña e Castela e León, con máis gases de efecto invernadoiro (GEI) por produción gandeira. Entre estas tres comunidades superan a metade das emisións totais xeradas pola gandería en 2019 en España. Concretamente, en Galicia xeráronse no ano 2019 3.486.210 toneladas de produción gandeira (88.127 de carne de porco; 103.398 de carne de vaca; 224.085 de carne de ave; 3.039.270 de produtos lácteos; 364 de carne de ovellas e cabras; e 30.966 de ovos). Son datos de Greenpeace, que calculou a emisión de GEI por cada comunidade autónoma no ano 2019, cos datos oficiais do MAPA de produción gandeira, e conclúe que, só nese ano, a gandería foi responsable da emisión de 69,4 millóns de toneladas de CO2 en España. Este estudo, primeiro que se fai destas características, “non pode ser máis revelador, en plena emerxencia climática”.

 

O cálculo das emisións de GEI do sector gandeiro a nivel nacional e autonómico realizado pola organización ecoloxista, parte do inicio dunha recente campaña chamada Ni Mu,  baseada na premisa “De la mierda de las macrogranjas no se dice Ni Mu”. Con esta iniciativa, Greenpeace denunciará o impacto silenciado das macrogranxas durante as próximas semanas. O próximo día 14 de outubro, a organización fará público un informe repasando “o enorme impacto medioambiental da gandería industrial”.

 

En canto á análise dos sectores, a organización resalta que é “incuestionable o peso a responsabilidade do sector porcino na crise climática que, cun 50% das emisións, sitúase en cabeza”. Porén, no caso galego, ten moito máis peso o sector lácteo. A nivel nacional, séguelle o sector vacuno, cun 34% das emisións, e o de aves de corral, cun 14%. Moito máis atrás ven o sector ovino e caprino, cun 2,5% das emisións. Paloma Nuche, doutora en ecoloxía e consultora do informe, revela que “estas difras son preocupantes e ademáis están subestimadas xa que hai datos do MAPA non contabilizados por ser confidenciais”. No contexto de emerxencia climática que estamos vivindo, no que o cambio climático xa é inevitable, Greenpeace afirma que “debemos actuar para reducir as emisións e conter a temperatura media do planeta por debaixo de 1,5ºC de aumento respecto aos niveis preindustriais.

 

Por todos os motivos expostos, a redución de emisións na gandería debe ser un vector fundamental nas políticas climáticas e non un sector olvidado como ata agora. En palabras de Luis Ferreirim, responsable de agricultura de Greenpeace España: “A emerxencia climática e o colapso da biodiversidade esixen accións urxentes, valentes e contundentes. Fai falta unha transformación radical do sistema produtivo. É crucial unha moratoria inmediata á gandería industrial, nin explotacións novas nin ampliacións das existentes, así como reducir gradualmente a cabana gandeira en intensivo ata alcanzar un 50% menos en 2030”.

Comparte esta noticia