Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Día Mundial dos Humidais: o valor da súa biodiversidade

Este domingo celébrase o Día Mundial dos Humidais. Como se ven facendo dende 1997, data elexida en conmemoración á Convención sobre os Humidais de Importancia Internacional que se celebrou o 2 de febrero de 1971 en Ramsar (Irán), o obxectivo desta enfeméride é a de dar visibilidade e crear concienciación do valor dos humidais para o ser humano e o planeta.

Un dos principais logros deste Convenio, firmado ás beiras do Mar Caspio en 1971, foi a creación da lista de humidais de importancia internacional, composta por 2.372 humidais de 170 países e que ocupan unha superficie de case 254.000. 000 hectáreas.

España adheriuse a este convenio en 1982 e máis de medio cento de humidais españoles forman parte da lista de importancia internacional. En Galicia atopamos cinco exemplos con gran variedade de biodiversidade, entre as que se atopa a Lagoa de Valdoviño, que leva nesta lista desde hai un cuarto de século, ocupa 740 hectáreas; o complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, a única da provincia de Pontevedra e que conta con 2.476 hectáreas; na provincia da Coruña tamén se atopa o da Ría de Ortigueira e Ladrido, que forma parte de Ramsar dende o ano 1989 e ten case 3.000 hectáreas; ou o Complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo, que están incluídas na lista desde 1993 e que suman case 1.000 hectáreas.

Na provincia de Lugo, atópase a Ría de Ribadeo, entre Galicia e Asturias, que foi incluída na lista no ano 1994 e que suma unha extensión de 1.740 hectáreas, das que 563,44 están na comunidade galega.

O papel dos humidais

Os humidais son extensións de terreo coa particulariedade de estar inundadas de forma permanente (pantanos, turbeiras, marismas, arrecifes de coral, lagos, ríos, etc). Son ecosistemas híbridos que poden ser de auga doce ou salgada e hai que engadir tamén aos humidais artificiais como os encoros, as salinas ou os estanques.

Os humidais son fundamentais para a vida en todo o planeta. Polo que, do seu funcionamento, dependerá que:

O 40% dos vexetais e animais que existen en todo o planeta sigan con vida.

Más de mil millones de persoas en todo o planeta poidan seguir vivindo dos recursos que os humidais nos proporcionan.

Nas turbeias atópanse concentradas o 30% do carbono.

Os humidais son grandes reservorios de auga.

Os manglares e arrecifes dos humidais protexen ao ser humano contra os desastres naturais, como as inundacións e sequías.

Son espazos que axudan a crear condicións para que exista vida.

Axudan a controlar os efectos do cambio climático.

De aí que o lema este ano do Día Mundial dos humidais sexa “Os humidais e a biodiversidade”. Con elo, preténdese chamar a atención sobre o importante papel que xogan estes ecosistemas no mantemento da biodiversidade. Estímase que o 40% das especies vexetais e animais viven ou reprodúcense en zonas húmidas. Amais, ata o de agora, están documentadas máis de 10.000 especies de auga doce nos humidais de todo o planeta. E outro dato que pon de relevo o papel fundamental dos humidais, é que o 30% das especies de peixe coñecidas son deste tipo de ecosistemas e que cada ano se descobren 200 especies novas de auga doce.

A perda da biodiversidade

Resulta evidente a grave situación na que se atopan a maioría dos humidais e que a perda da biodiversidade en todo o planeta é un feito.

Segundo Ecoloxistas en Acción, nas últimas décadas en España desapareceron o 60% das zonas húmidas debido, entre outras causas, ás desecacións de augas fluviais e subterráneas, os vertidos de augas contaminadas e residuos ou pola construcción de infraestructuras de transporte e urbanizacións nas súas marxes. E como non, o mesmo ocorre coas especies vexetais e animais. Segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica, as especies están disminuíndo a un ritmo acelerado e o cambio climático fai que esta situación empeore. A biodiversidade diminúe, e as especies das zonas húmidas vénse especialmente afectadas:

Entre 1970 e 2012 as poboacións de peixes, aves, mamíferos, anfibios e reptiles de todo o mundo diminuíron nun 58%.

Dende 1970 descendeu o 81 % de las especies dos humidais continentais e o 36 % das especies dos humidais costeiros e marinos.

O 25 % das especies dos humidais están ameazadas por perigo de extinción.

Accións en Galicia no Día Mundial dos Humidais

En Galicia, son varios os colectivos e asociacións que se queren sumar á celebración do Día Mundial dos Humidais, convocando e programando varias actividades que se levarán á cabo ao longo de toda esta fin de semana.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, organiza para o sábado 1 de febreiro, unha xornada de divulgación e eliminación de especies invasoras en Fisterra, en concreto das especies “Yucca gloriosa” e a “Vinca difformis”. Será unha xornada de voluntariado ambiental (participarán 18 voluntarios) na Praia do Rostro, zona na que ADEGA destaca que é “un lugar onde se sitúan as primeiras microreservas de flora da costa galega”. Explican que ao igual que ocorre noutros espazos naturais galegos, a Praia do Rostro, comeza a sufrir a problemática das especies invasoras, que son unha das principais causas de extinción de biodiversidade no planeta. Destacan dende a asociación, que os ecosistemas litorais son vías de entrada e ao mesmo tempo “vectores de difusión de especies invasoras, pola intensa humanización tanto no referido á construcción de infraestructuras como ao seu uso para lecer”.

Tamén, Amigos da Terra, xunto coa colaboración da Aula de Natureza do río Miño e Xeitura Coop, celebrará o Día Mundial dos Humidais, realizando un percorrido pola Ribeiras do Miño ao seu paso polo concello de Ourense, na mañá do mesmo domingo. Na adaina, que partirá de Outariz, será duns 3 quilómetros e rematará na localidade de Untes, onde aproveitarán para o observatorio de aves propias do entrono.

A Sociedade Galega de Historia Natural, ten preparadas varias actividades ao longo de toda esta fin de semana, para por en valor a importancia dos humidais: xornada de campo aberta no Complexo húmido Limia – Antela e un roteiro interpretativo polo espazo natural Gándaras de Budiño (humidais das Ribeiras do Louro).

Estes son só algún exemplos das actividades que terán lugar en moitos puntos da nosa comunidade, co gallo do Día Mundial dos Humidais e para concienciar do incalculable valor que supoñen os humidais para o ser humano e o planeta.

Comparte esta noticia