Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Convocada unha manifestación este domingo 21 “En defensa do noso mar” en Santiago

Este domingo 21 de xaneiro está convocada unha manifestación en Santiago de Compostela baixo o lema “En defensa do noso mar” ás 12 horas na Alameda. A manifestación ten como obxectivo solucionar a mala xestión da vertedura de pellets na costa galega e ao mesmo tempo chamar a atención sobre a decadencia do sector marisqueiro convencional. Esta organizada por case un centenar de organizacións entre os que se inclúen colectivos do mar, plataformas e organizacións de defensa ambiental, entidades socioculturais e sindicatos

Con esta manifestación denúnciase a tardanza e a falta de coidado por parte da Xunta de Galicia e o Goberno central en actuar e retirar os sacos do mar, e que tivese que ser a cidadanía quen tivo que saír ás praias para limpar os pélets. Así como tamén a impunidade e a indefensión do litoral galego fronte aos riscos derivados da chegada destes plásticos.

Por iso mesmo, reclaman á Xunta e á Estado coordinación para actuar, transparencia na información, a retirada dos sacos de pélets no mar e os medios suficientes para recollelos na costa. Esixen tamén transparencia sobre a toxicidade dos materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños. Ademais, solicitan os medios de protección adecuados para o voluntariado e contedores específicos nas praias.

As organizacións fan un chamamento á participación masiva da cidadanía na mesma e solicitan que se converta nun berro unánime en defensa dos nosos mares e océanos, afectados por unha serie de crise que inclúen a contaminación, a sobre pesca, a perda e destrución de hábitats e novas ameazas como a minería submarina.

Varias organizacións ecoloxistas como Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, Verdegaia ou ADEGA, entre outras moitas, puxeron ao dispor da poboación varios autobuses desde varias localidades galegas para que teñan máis facilidades á hora de desprazarse á capital. Estes autocares, cun custo de 5€, sairán desde Mos, Vigo, Pontevedra, Ourense-Carballiño-Lalín, Ferrol, A Coruña e Lugo. Para iso dispuxeron de formularios nas súas redes sociais para anotarse e asegurar as prazas.

Comparte esta noticia