Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Bandeiras Verdes: ¡non temos amaño!

No tocante de desenvolver un protocolo para que os concellos cumpran a súa parte de obrigas co Paquete de Economía Circular e a Axenda ONU 2030 (só media ducia de vilas en España e o proxecto vasco #Udalsarea2030 camiñan nese senso), algunhas comunidades como #Galicia inventan fórmulas que se achegan máis ao #Greenwashing público que á xestión sostible.

Algo parecido ás Bandeiras Azuis, un «distintivo» dunha organización privada que recoñece e prima sistematicamente os servizos que deterioran o litoral (duchas, paseos, etc,) fronte aos criterios ambientais. Tanto é así que a mesma Unión Europea desautorizounas en varias ocasión e retiroulle o seu apoio logo de varios anos, nos seus inicios, subvencionando estes “galardóns”.

E os concellos, que na meirande parte, non moveron un “músculo” para cumprir a Axenda 21 Local (aprobada en 1992 e con data de consecución de obxectivos no ano 2021), agora volven vender fume e ocultar a súa falta de ambición e responsabilidade, agochando as súas vergoñas detrás doutra bandeira que muda de cor pero non a súa maneira de proceder: a Bandeira Verde.

Claro que pouco se pode agardar dun municipalismo trasnoitado que invirte en competencias impropias para gañarse ao cidadán e deixa en máns das autonomías as que a lei impón como é o caso da xestión dos residuos, mobilidade…

Bandeira Verde, ¿un premio aos concellos galegos por ser respectuosos co medio?

A Xunta de Galicia “lanza” as Bandeiras Verdes para premiar, din, aos concellos por seren respectuosos co medio ambiente. Á semellanza en papel coas Bandeiras Azuis, pretenden “atender a criterios como a protección da paisaxe, a mellora da eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e desenvolver accións de sensibilización neste senso”.

De novo atenderánse máis aos criterios de servizos turísticos que poidan ofrecer estas zonas que aos de protección e conservación do entrono, pero tamén será “un mérito para obter subvencións en materia de patrimonio natural”, isto é: se concorren á Bandeira Verde pode que se abra unha xanela para que os concellos poidan levar a cabo, con máis ou menos eficiencia e eficacia, accións de protección do entorno natural.

Tal é a premura por sacar adiante estes galardóns que dende o goberno galego pretenden que antes de que remate este ano 2020 o proceso quede resolto e as insignias da cor característica de Galicia, o verde, ondeen fachendosas nos concellos “gañadores” no vindeiro ano.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET), encargarase de facer o filtro inicial das candidaturas presentadas, remitiranse a un xurado –presidido polo director do IET e que contará entre os seus membros cun representante da Fegamp- que valorará as solicitudes. Segundo se publica no DOG do 27 de xullo, para ser merecedor de tal “distintivo” terán en conta as accións que os concellos inclúan na súa candidatura que xiren arredor de catro ámbitos: a protección da paisaxe; o cambio climático e a eficiencia enerxética; a xestión responsable dos residuos; e as accións de sensibilización e comunicación.

Agora tan só queda agardar para saber realmente qué peso terán estas accións e medidas que os concellos leven a cabo para protexer e conservar o medio fronte aos criterios meramente de servizo turístico.

O modelo UDALSAREA 2030: cara o desenvolvemento sostible

UDALSAREA 2030 (Red Vasca de Municipios hacia la Sotenibilidad), creouse en decembro de 2002 co obxectivo de facilitar aos concellos a implantación da Axenda Local 21 (UDALSAREA 2021), un Plan de Acción impulsado e desarrollado por autoridades locais para avanzar cara o desenvolvemento sostible do seu entorno e mellorar a calidade de vida dos seus habitantes, e que agora adáptase e reoriéntase á de 2030.

Udalsarea 2030 está integrada por 188 concellos vascos, os departamentos de Medio Ambiente, Planificación Territorial e Vivenda, a Dirección de transporte e o departamento de Saúde do Goberno Vasco, así como da Axencia Vasca da Auga, de Enerxía entre outras. Unha colaboración institucional que permita lograr o desenvolvemento sostible efectivo nos concellos do País Vasco. Esta política de coordinación e cooperación entre as distintas administracións públicas, colabora amais de forma activa cos axentes privados cun claro compromiso pola sostenibilidade, e no que se traballa polo desenvolvemento compartido de metodoloxías, recursos técnicos, coñecemento e información adaptadas á realidade e perfís dos municipios vascos adheridos a este modelo, sempre dende unha persepectiva innovadora e de mellora continúa.

Comparte esta noticia