Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Baixa levemente a recollida de aceites usados en Galicia en 2019, con 8.905 toneladas recuperadas

O residuo que producen os lubricantes empregados nos motores dos vehículos e na industria é un dos refugallos máis perigosos, pois contén substancias tóxicas e metais pesados cuxo impacto no medio ambiente tería consecuencias moi graves. É tal o impacto que tan só un litro de aceite usado de coche pode contaminar máis de 40.000 litros de auga, ou o que é o mesmo, podería contaminar a auga que consome de media anual unha persoa no seu fogar. De aí a importancia de recuperar e reciclar os aceites usados para evitar precisamente que se convirta nun contaminante do noso entorno e poida ser transformado nun novo recurso.

Durante o 2019, en Galicia recuperáronse e recicláronse un total de 8.905 toneladas de aceites industriais usados, a través de máis de 12.000 recollidas rexistradas polo sistema encargado en España da xestión do aceite industrial usado, SIGAUS, unha leve baixada con respecto ao ano anterior no que se recuperaron 9.656 toneladas brutas.

Dos 5.359 establecementos productores de aceite usado máis do 60 % están relacionados co sector da automoción e 802 son establecementos industriais.

Uns datos que de seguro se verán mermados para o ano 2020, pois a crise sanitaria pola Covid – 19 ao igual que para outros sectores, supuxo para o dos aceites industriais unha deceleración das vendas de lubricantes de preto dun 40 % entre os meses de marzo e maio, provocado pola paralización ou relantización da actividade industrial e da automoción. Isto fará que para o ano 2020 a actividade de recuperación dos aceites usados tamén se vexa afectada.

As outras cifras de recuperación de aceite usado

9.235 toneladas de aceite usado

É a cifra que se xestionou finalmente en Galicia, sumando o recuperado durante o 2019 e o que estaba almacenado.

72 % concellos rurais

A procentaxe que equivale aos concellos no que se fixo recollida de aceite, en concreto de 1.924 productores.

13 espacios protexidos

Recuperáronse un total de 764 toneladas de aceites usados no entrono de espacios protexidos.

131 toneladas recollidas en entornos de recursos hídricos

Zonas moi sensibles (ríos, embalses…) en materia de contaminación pola baixa biodegradibilidade do residuos.

1.643 toneladas de novos lubricantes

A rexeneración de aceites usados recuperados durante o ano pasado retornouse ao mercado en Galicia novos lubricantes, o 28 % do total, e ao mesmo tempo evitou a emisión á atmósfera dun total de 1.751 toneladas de CO2.

72 % valorizado enerxéticamente

Un aforro equivalente a 6,1 GWh e de 681. 000 barriles de petróleo.

Comparte esta noticia