Aumentan as críticas ás modificacións do modelo de xestión de residuos promovido por Sogama
A licitación das obras de construcción de plantas de transferencia promovidas por Sogama deu lugar a diversas protestas e mobilizacións veciñais, O caso máis recente é o de Riotorto, no que a licitación dunha planta de transferencia de residuos no municipio provocou un gran rexeitamento por parte dos veciños e veciñas de Aldurfe (Riotorto), desembocando nunha tractorada o pasado luns con motivo da visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez. A asociación veciñal de Aldurfe non dubidou en expoñer a súa situación, asegurando que non tiñan coñecemento do proxecto. Os dous motivos principais da manifestación foron a ocultamento da información por parte do alcalde e o impacto do proxecto.
Así, as mobilizacións veciñais conseguiron cambiar a ubicación da planta de transferencia de residuos de Riotorto que ía levantarse en pleno núcleo gandeiro de Aldurfe. Así o anunciou Sogama, que acordou conxuntamente co concello estudar novas alternativas de localización. Deste xeito, o presidente de Sogama e o alcalde de Riotorto acordaron suspender definitivamente a nova ubicación. O alcalde de Riotorto trasladou aos veciños algunas propostas para situar a nova planta de transferencia de residuos que dará servizo a outros concellos como A Pastoriza, A Pontenova, Pol, Ribeira de Piquín e Meira, aínda que poderían unirse otros como A Fonsagrada, Baleira, Cospeito e Vilalba.
Según afirma Sogama en una nota de prensa, a empresa pretende construír e xestionar as instalacións necesarias para que os residuos orgánicos de carácter doméstico sexan convertidos en compost de alta calidade. Malia tratarse dunha competencia municipal, a Xunta, a través de Sogama, porá os medios para axudalos a dar debido cumprimento á normativa europea. Para conseguilo, a compañía diseñou unha rede conformada por catro plantas de biorresiduos (Cerceda, Cervo, Vilanova de Arousa e Verín), que estarán apoiadas por 13 plantas de transferencia que serán adaptadas para poder transvasar nas mesmas a materia orgánica. Se todo funciona correctamente, estas instalacións entrarán en funcionamento a finais do próximo ano. Así, cabe recordar que os concellos están na obriga de implantar o contedor marrón para biorresiduos antes do 31 de decembro de 2023.
O caso de Vigo
Guixar, a planta máis importante da rede de Sogama, será unha das plantas de transferencia que serán adaptadas para poder transvasar nas mesmas a materia orgánica. A licitación para a adaptación desta planta de transferencia sairá á luz os próximos meses e, segundo Sogama, constitúe “un paso importante para que a cidade de Vigo poida incrementar as súas tasas de reciclaxe ao engadir a recuperación dos residuos mediante a súa conversión en compost”. A planta de Sogama en Guixar modificacións no seu funcionamento para a xestión de materia orgánica ante a obriga de implantar a recollida selectiva de orixe doméstico antes do 31 de decembro de 2023.
Segundo datos de Sogama, Vigo acumula nos oitos primeiros meses de 2021 33.515 toneladas de basura convencional (contedores verdes) e outras 1.247 toneladas no contedor amarelo. O contedor azul está fóra do control de Sogama, mais segundo a empresa Ecoembes móvese arredor das 3.000 toneladas. En total son 800 toneladas menos de “bolsa negra” e 15 máis de “amarela”. En canto á xeración de basura, a situación apenas cambia: a poboación desta cidade produce cada día de media arredor de 290 toneladas, practicamente un quilo por persoa. Trátase dunha cifra que apenas mudou nos últuimos 30 anos. Cabe destacar que nalgúns puntos da cidade xa hai contedores marróns colocados de forma experimental.
Novos argumentos para a polémica
A Xunta de Galicia desenvolve nestes días un intenso traballo para ir adaptando as súas infraestruturas á obrigatoriedade de xestionar os residuos orgánicos a partir do 2023. Esta norma implicará, ademais da creación de catro plantas de elaboración de compost en polígonos industriais, que se teñan que modificar varias plantas de transferencia onde se terá que construír un novo foso no que depositar, para o seu envío a planta de reciclaxe, a fracción orgánica procedente do quinto contedor. Esta novidade coincide co proceso de licitación para a xestión da planta incineradora de Sogama, na que a partir de 2023 deberá deixar de queimarse materia orgánica. A este proceso de licitación soamente se presentaron dúas UTEs, lideradas polo grupo Valtalia que é concesionaria de case todos os servizos e instalacións da planta de Cerceda na actualidade, e outra formada polas empresas FCC e Sacyr. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha moción e interpelación polo trámite de urxencia, motivado polo proceso de tramitación do novo contrato da planta de incineración de Sogama en Cerceda. Segundo o BNG, o actual proceso de licitación deste megacontrato, cun prezo de 256 millóns de euros e unha duración de 10 anos, está rodeado de dúbidas e de falta de garantías (https://galiciaambiental.org/es/o-bng-presenta-unha-mocion-e-unha-interpelacion-para-aclarar-dudas-sobre-un-concurso-pouco-transparente-de-sogama/).