Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


Asociacións ecoloxistas denuncian ás eléctricas para reclamar unha devolución millonaria aos consumidores

Greenpeace, xunto con Economistas Frente a la Crisis, FACUA, Transición Verde e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), veñen de iniciar os trámites para reclamar ante os tribunais a deuda pendente de liquidar das empresas eléctricas cos consumidores que pode oscilar entre os 1.500-2.800 millóns de euros, derivada dos Custos de Transición á Competencia (CTS). Este proceso presentouse o mesmo día que o prezo medio da luz no mercado maiorista é un dos mais altos da historia, situación que seguirá a producirse mentres non se cambie o actual sistema de mercado, e do que as grandes beneficiadas son as compañías eléctricas.

 

Raquel Montón, responsable da campaña de enerxía de Greenpeace, asegura que “a recuperación económica de España ten que ser xusta e as empresas eléctricas non poden reclamar fondos de recuperación que proveñen dos nosos impostos, mentres que seguen abusando dun sistema que lles proporciona beneficios extraordinarios que pagan os consumidores, ao mesmo tempo que non saldan as súas débedas. Ás eléctricas dámoslle diñeiro público, cóbrannos de máis e non nos pagan o que nos deben”.

 

Gabeiras & Asociados presentou hoxe en nome das asociacións mencionadas un recurso ordinario sobre o incidente de Execución da Sentencia de 18 de xullo de 2005 na Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional (confirmada por sentencia do Tribunal Supremo de 8 de maio de 2008) en canto ao importe das plusvalías obtidas por Endesa pola venda de Electra de Viesgo a ENEL. Este é o primeiro paso deste procedemento xurídico, e pídese que se proceda a liquidar os CTC tecnolóxicos das instalacións referidas en dita Sentencia. O exceso de CTC cobrados polas empresas eléctricas dende 1998 ata 2006 pode cifrarse nun importe global que oscila entre os 1.500 e os 2.8000 millóns de euros. As organizacións reclaman que este exceso de CTC cobrados polas empresas eléctricas debe ser reintegrado ao sistema eléctrico co destino que determinen as autoridades reguladoras, restituíndo aos consumidores de forma directa ou indirecta o exceso de custos pagados.

 

Orixes da débeda

 

En 1997, o Goberno de Aznar aprobou a Lei do Sector Eléctrico (LSE 54/97), o que supón un cambio radical do modelo retributivo da xeración da electricidade, instaurando un mercado a un só prezo para toda a electricidade, con independencia da central de xeración e a fonte enerxética desde a que se xerase. Un ano antes e dentro da negociación entre o Goberno e as empresas integrantes de UNESA leváronse a cabo simulacións sobre prezos do mercado concluíndose que, se se cumprían determinadas hipóteses de traballo, as centrais que estivesen en funcionamento en 1997 sufrirían unha diminución da súa retribución. Ante esta situación e buscando evitar a retroactividade do cambio lexislativo, acordouse o establecemento dunha serie de garantías que evitasen ese posible quebranto económico despois de realizar os investimentos oportunos. Esta garantía materializouse nos chamados Custos de Transición á Competencia (CTC) que son establecidos na mesma  LSE 54/97 na súa Disposición Transitoria sexta.

 

Así, os CTC formaron parte do “Protocolo para o establecemento dunha nova Regulación do Sistema Eléctrico Nacional”, asinado o 11 de decembro de 1996 entre o Goberno e os presidentes das empresas eléctricas integradas en UNESA. O valor dos CTC fixouse por Lei nun importe máximo de 8.664 M€, baixo a hipótese de que as empresas cobrarían en mercado como media un prezo non superior a 36€ MWh durante os seguintes 13 anos contados a partir de decembro de 1997.

Comparte esta noticia