Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


As organizacións sociais do Consello Forestal de Galicia rexeitan reunirse con Medio Rural

Os axentes sociais que forman o Consello Forestal de Galicia non acudiron a reunión prevista para abordar o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2020, coa Consellería de Medio Rural.

As organizacións alegan a “falta de participación sectorial e de diálogo social na planificación das políticas forestais e na estratexia contra os incendios”. Explican que a pesar de que o Consello Forestal de Galicia é un órgano colexiado onde se debe asegurar a participación, dende hai anos esta “limítase a un mero trámite para cumprir coa obriga de convocalo”, só para que os procedementos lexislativos e de regulamentación sigan coa súa tramitación.

Por este motivo Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega, Organización Galega de Comunidades de Montes e o Sindicato Labrego Galego, tomaron esta decisión “como protesta” e reclamar así unha solución. Neste senso, manifestan que, aínda que nalgunha ocasión se lles trasladou información e se lles dá un prazo para poder contribuír con achegas aos textos, reclaman “un espazo para a socialización do argumentario das distintas organizacións” e a apertura dun “debate real entre estas e a administración”.

Un exemplo delo é o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) e todo o que se refire á prevención e extinción de lumes forestais. Din que non se lles permite “ningún tipo de participación social” e que só se serven delas para “lexitimar unha política que emana unicamente do goberno da Xunta e relegándoas a simples espectadoras dos procedementos”. Engaden amais, que nesta ocasión foron convocados a última hora, a campaña do dispositivo de extinción está a piques de comezar, e que se lles foi entregada a documentación cun prazo que imposibilitaba analizala en detalle.

Comparte esta noticia