Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


As enfermidades contaxiosas animais continúan gañando terreo en Galicia

A Xunta de Galicia notifica a existencia en Galicia de varios focos de gripe aviaria, de lingua azul e da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) tamén chamada “COVID das vacas”, doce, tres e dezaoito respectivamente. Desde Medio Rural informaron que se tratan de doenzas víricas que afectan o gando bovino, ovino e ás aves, pero que “non se transmiten ás persoas”.

Nos casos de gripe aviar, a Consellería do Medio Rural informou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) que se detectaron dous exemplares novos de gaivota afectadas pola influenza aviaria a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria. Con estes novos casos, Galicia notificou doce focos no ano 2023, once dos cales son gaivotas e un é un exemplar de palleira parasita. En Galicia, non se rexistrara ningún caso desde o pasado maio.

Trátase de varios exemplares da gaivota patiamarela (un no concello de Ares, A Corula, e outro en Xove, Lugo), que foros atopados con sintomatoloxía clínica. As gaivotas foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Oleiros para ser analizadas no laboratorio.

Segundo informa Medio Rural, esta notificación afecta só as aves silvestres, polo que “non implica cambios no estado sanitario de Galicia en relación á influencia aviaria”, nin tampouco limita nin regula o comercio de aves vivas e produtos derivados da comunidade autónoma. E comunica que ao non comezar aínda o período de baixas temperaturas, máis favorables á circulación do virus influencia, e ao non estar aínda no período de maior chegada de aves migratorias silvestres posibles portadoras do virus, a avaliación do risco de aparición de influencia aviaria segue sendo favorable.

Por principios fundamentais de bioseguridade, a Xunta recomenda non manipular aves enfermas ou mortas e notificar aos servizos veterinarios oficiais, aínda que lembra que o virus circulante non ten capacidade significativa de infección nas persoas. Do mesmo xeito, debido á importancia do sector avícola na nosa comunidade, advirte que é necesario "intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade en explotacións avícolas e aves silvestres", e notificar aos servizos veterinarios oficiais se se detectan síntomas.

O MAPA implementara varias prohibicións e responsabilidades nalgúns concellos en maio. Actualmente, mantéñense estas medidas só en sete municipios da provincia de Pontevedra que se atopan na Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

Con respecto á enfermidade da lingua azul, o Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid) confirmou a detección de dez animais positivos por esta enfermidade vírica. Estes pertencen a tres explotacións sentinelas de Abegondo, Frades e Santa Comba, na provincia da Coruña. Desde Medio Rural informaron que debido á confirmación dos focos novos na provincia da Coruña, toda Galicia será considerada unha nova zona restrinxida en España para o serotipo 4 da lingua azul.

Por tanto, é necesario comezar a vacinar aos animais sensibles nestas novas zonas limitadas. A lingua azul é unha enfermidade vírica non contaxiosa que non se transmite entre animais, senón a través de diferentes especies de mosquitos do xénero Culicoides, que son vectores biolóxicos. Os mosquitos infectan aos animais e logo contaxian dita enfermidade aos animais sans.

As “principais consecuencias” da declaración dunha zona restrinxida para o sector gandeiro de bovino e ovino son que “durante a época de circulación do vector existen restricións aos movementos dos animais vivos sensibles se non se realizaron a vacinación previa, así como a existencia de trabas á exportación de animais e os seus produtos e subprodutos a terceiros países”, declara a Xunta. 

O 7 de marzo pasado, a Xunta iniciou a campaña de vacinación, na que máis de 336.000 animais foron vacinados na etapa inicial. Despois, implementouse a vacinación continua para os animais que non foran vacinados na primeira fase debido a que eran menores de tres meses, foran trasladados da zona libre ás explotacións restrinxidas ou naceran despois. Nesta fase, máis de 25.000 animais foron vacinados.

En canto á Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), a Xunta de Galicia declara cinco novos focos, facendo un total de dezaoito notificados ata a data, dos cales se rexistraron a morte de dez vacas por mor desta enfermidade. Estes novos focos atópanse tres na provincia de Ourense, nos concellos de Piñor (comarca veterinaria do Carballiño), Esgos (comarca veterinaria de Ourense) e Baños de Molgas (comarca veterinaria de Maceda); dous novos na provincia de Lugo, nos concellos de Friol (comarca veterinaria de Lugo) e O Saviñao (comarca veterinaria de Terra de Lemos-Quiroga). Ata agora son 18 as comarcas veterinarias nas que se ten notificado focos de EHE en Galicia.

Do mesmo xeito que o caso da gripe aviaria, trátase de “unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa” que se produce por un virus transmitido aos animais a través da picadura do mosquito culicoides. Esta enfermidade tampouco “afecta as persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin polo contacto cos animais afectados nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais”, informa Medio Rural. 

A EHE ten un impacto particular nos ruminantes silvestres, principalmente cervos, corzos e gamos. A aparición de síntomas non só afecta o gando doméstico, senón tamén ao gando bovino. O gando ovino tamén pode contraer esta enfermidade pero non presenta síntomas, mentres que o gando cabrún non é susceptible a esta. A Consellería do Medio Rural informou que, polo momento, "nas comunidades autónomas afectadas pola EHE este ano rexistrouse unha morbilidade media do 7,53% (número de animais con síntomas en comparación co total do rabaño) e unha mortalidade media inferior ao 1% (0,51%)".

Con todo, a Xunta quixo destacar que o virus da EHE non ten unha vacina nin cura. Debido a isto, as medidas preventivas posibles para previr esta enfermidade enfócanse, principalmente, en evitar que os animais entren en contacto co mosquito vector. Esta enfermidade vai aparecer sempre que o mosquito vector circule polo ambiente. Desta forma, haberá un período que transcorrerá entre abril e decembro no que os animais poderían verse afectados, e outro, durante o inverno, no que os animais non o estean pola inexistente circulación deste mosquito.

Comparte esta noticia