As claves para celebrar un Nadal máis ecolóxico e sostible
O Nadal é unha época do ano marcada especialmente por un modelo consumista, que é insostible para o medio ambiente. Mentres que nunhas sociedades se malgasta, noutras carécese do básico, o que tamén contribúe ao esgotamento dos recursos naturais e á explotación do ser humano. Nun momento no que nos atopamos inmersos nunha urxente crise climática que nos esixe actuar e cambiar certos hábitos, poner o foco no Nadal pode ser un bo comezo. Segundo Ecoloxistas en Acción, é imprescindible unha redución no consumo para poñer freo ao deterioro social e ambiental. Neste sentido, a asociación ecoloxista propón unha serie de alternativas para celebrar estas festas dun modo máis sostible.
Para comezar, é importante reflexionar antes de mercar un agasallo. Ecoloxistas en Acción lembra que o primeiro que hai que facer é pensar se realmente é necesaria a súa compra. No caso de decidir adquirir o producto, é recomendable pescudar como se fabricou e se no seu proceso de produción prexudicouse ao medio ambiente ou a algún ser humano. Ademais, hai que pensar como repercute a súa utilización no medio ambiente. A asociación ecoloxista subliña que sempre vai a ser máis sostible mercar aquilo que fose producido o máis localmente posible.
Por outra banda, a asociación indica que o uso enerxético está producindo graves problemas ambientais, polo que se pode aforrar enerxía poñendo en práctica os seguintes consellos: reducir ao máximo o emprego do coche e usar o transporte colectivo; reducir a compra de productos superfluos e innecesarios; conectar os aparellos á rede en vez de usar pilas; desconectar os aparellos eléctricos cando non estean funcionando; utilizar electrodomésticos eficientes e prescindir dos innecesarios; que a temperatura da vivenda se manteña acorde coa época do ano; usar lámpadas de baixo consumo; e consumir productos locais.
En canto aos residuos, Ecoloxistas en Acción afirma que, mentres que no resto do ano cada persona xera un quilo e medio de lixo ao día, no Nadal son dous quilos (sendo a metada envoltorios e embalaxes). Pódese reducir a cantidade de residuos xerados poñendo en práctica consellos como: pensar en cantos residuos xera aquilo que consumimos; evitar os produtos de “usar e tirar”; rexeitar as bolsas de plástico e levar bolsas de tea; comprar o contido e non o envase; non tirar o papel ao recibir agasallos para reutilizalos noutras ocasións; e reciclar un agasallo que xa se teña en casa.
Ademais, o aforro de auga tamén é importante nesta época. A auga limpa é un recurso cada vez máis escaso, polo que a asociación recomenda: colocar dispositivos de aforro de auga nas billas; meter botellas nas cisternas de modo que ao tiral da cadea o volume de auga que saia sexa menor; diminuír o consumo o máximo posible; e non xogar a deportes que contribúan a malgastar auga.
Ecoloxistas en Acción lembra que nestas datas tíranse ata un 40% dos alimentos producidos, debido a descartes por esixencias estéticas do mercado, erros na distribución, etc. Polo tanto, é importante preparar a comida que se vaia a consumir e gardar a que sobre para outra ocasión; recuperar a cociña tradicional; consumir productos frescos e de temporada ou menos elaborados; consumir produtos que se producisen o máis localmente posible; e non consumir algúns alimentos intrinsecamente ligados ao Nadal, xa que moitos son criados en humidais costeiros tropicais, producindo graves danos para as economías locais e para a biodiversidade.
Por outra banda, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) afirma que as “cegadoras luces destas celebración impídennos ver o seu alto custo ambiental, económico e social”. Neste sentido, a asociación presenta o manual “Por un Nadal máis verde”, no que ofrece consellos para que “o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural nin a agravar o quecemento global”. As recomendación da guía xiran en torno diversos temas: alimentación, publicidade, enerxía, transporte, residuos, roupa e alternativas, entre outros.
ADEGA subliña que o Nadal é a época do ano na que máis se consume. Esta festividade converteuse na “máxima expresión dun estilo de vida insustentable ambiental, social e economicamente”. Polo tanto, a asociación recomenda preguntarnos se realmente o consumo que vamos a facer é importante e satisfará unha necesidade real. Ademais, propón informarnos sobre a repercusión ambiental e social dos produtos, optando por alternativas máis ecolóxicas e de comercio xusto. Por outra banda, ADEGA recomenda pensar na calidade dos productos e evitar os agasallos superfluos.
A guía tamén menciona o problema dos residuos nesta época do ano. A medida que se foi asentando a sociedade do benestar e do consumismo, ADEGA expón que foi medrando unha montaña de lixo que xera o noso modelo social de “comodidade”. Así, entre o 24 de decembro e o 6 de xaneiro aumentamos nun 50% o vidro rexeitado en un 35% o papel e cartón. Intentar diminuír a cantidade de residuos é o punto de partida para atallar os problemas asocidos ao tratamento de lixo. Para conseguilo, ADEGA recomenda levar da casa bolsas de tea, evitar os productos excesivamente empaquetados, envolver os agasallos con papeis reutilizados e evitar os produtos de usar e tirar.