ADEGA trata coa rapazada as amenazas ambientais na conca do Tea da man de Fluviatilis
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) crea unha exposición para concienciar aos máis novos dos perigos das especies exóticas invasoras en Galicia. Instalarase no mes de abril en varios centros escolares, o IES Salvaterra e o CIFP A Granxa, onde se realizarán visitas guiadas e saídas ao río. A exposición comeza o xoves 13 de abril e posteriormente será exposta o mércores 19 de abril respectivamente.
Estas actividades son impulsadas polo Proxecto Fluviatilis que conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea e o fondo NextGenerationEU. Este proxecto ten como obxectivo dar a coñecer os problemas ambientais a adolescentes para promover a concienciación das ameazas que sofren os ecosistemas fluviais, e tamén as actitudes e comportamentos que hai que ter para conseguir unha mellora nos ríos.
‘Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza’ é o nome desta exposición na que se tratará o problema das especies exóticas invasoras nos ecosistemas fluviais e na súa repercusión tanto medio ambiental como para a saúde humana. O alumnado terá a opción de aprender cales son as principais especies, verán exemplos reais de como se trataron devanditos problemas e como isto non afecta só a Galicia senón tamén a outros territorios da península. Para finalizar, está organizada unha excursión ao río Tea para que poidan ver cos seus propios ollos a problemática situación do río e poder aplicar os coñecementos sobre as especies invasoras que aprenderon na exposición e identificalos. Como última actividade dentro da exposición, o alumnado poderá ver como se realiza unha análise da calidade do ecosistema fluvial a través de indicadores biolóxicos como os macroinvertebrados.