Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


ADEGA presenta unha campaña de recadación contra o parque eólico Zamorra

A asociación ecoloxista ADEGA continua coa súa campaña de doazóns “Ti podes paralos!” en busca da paralización de parques eólicos, cando estes supoñen unha afectación grave ou irreversible ao medio ou incorren en presuntas irregularidades (como a tramitación segregada para facilitar acadar autorizacións). Nesta ocasión a campaña está dedicada a emprender accións xudiciais contra o parque eólico Zamorra, un novo proxecto eólico, autorizado pola Xunta de Galicia, no concello de Agolada. O obxectivo desta campaña é protexer os sobreirais do Arnego e poder conseguir o diñeiro suficiente para facer fronte aos custos para a interposición de recursos contencioso-administrativos.

Este parque eólico, impulsado pola empresa Green Capital Power, está composto por 7 aeroxeradores de 200 metros de altura e está situado entre dous espazos da Rede Natura e as súas áreas de ampliación, ZEC Sobreirais do Arnego e ZEC Serra do Careón. ADEGA explica que a unión deste proxecto co proxecto eólico Estivada, ao que busca recorrer no TSXG, xerará un "efecto barreira" para a migración de aves ameazadas entre estas zonas, o que podería afectar a presenza da tartaraña cincenta e a gatafornela. Ademais, este polígono, acalara ADEGA, “pon en perigo” a capacidade de varias explotacións agrícolas e a calidade das augas de uso nalgunhas aldeas que foron “agraviadas historicamente polos abusos das grandes eléctricas” (con proxectos eólicos en marcha como o encoro de Portodemouros).

Debido á riqueza natural da zona e a posible fragmentación artificial co parque eólico Estivada, ADEGA decide levar a cabo esta campaña de recadación colectiva cun obxectivo mínimo de 6.500 euros. Este será dividido en dous retos correspondentes ás distintas fases de acción xurídica: o primeiro, usarano para presentar o recurso de alzada e a elaboración do informe técnico ambiental; e segundo para poder interpoñer o recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a solicitude de paralización cautelar.

Polo momento, a campaña #TiPodesParalos logrou reunir máis de 170.000 euros, o que representa un “logro significativo” na recadación de fondos solidarios para o movemento ecoloxista que defende unha “transición enerxética equitativa e sostible”. Os parques eólicos proxectados sobre Ancares, Courel e Macizo Central Ourensán foron os últimos desafíos alcanzados nos seus obxectivos de recadación para poder recorrer nos tribunais. Agora, ADEGA anuncia que está a considerar “25 polígonos” para presentar unha demanda contencioso-administrativa #ante o TSXG. ADEGA exhorta a realizar un último intento para obter os fondos necesarios para impugnar os proxectos Estivada, Zamorra e Paraño Oeste (para este último proxecto hoxe é o último día de prazo).

ADEGA puxo ao dispor da cidadanía a seguinte plataforma de crowfunding en liña para que se poida contribuír a este desafío #TPP:

https://tipodesparalos.helpbysc.com/zamorra

Para máis información, a asociación ecoloxista pon a disposición os seguintes teléfonos de contacto: 698139913, 981570099.

Comparte esta noticia